O BNG lamenta que Lugo non se presentase as axudas para enerxías renovables do 2018

IMG_4645
IMG_4645

Lugo, 29 de xuño de 2018. O BNG lamentou que Lugo volva quedar fóra das axudas que se están a dar dende o INEGA a respecto das enerxías renovables.

O BNG lamenta que Lugo non se presentase as axudas para enerxías renovables do 2018

Lugo, 29 de xuño de 2018. O BNG lamentou que Lugo volva quedar fóra das axudas que se están a dar dende o INEGA a respecto das enerxías renovables. Dende o grupo nacionalista lembran que xa se perderan as que saíran no 2017 baixo o título de “subvencións para o ano 2017 a proxectos de biomasa para administracións locais e autonómica, entidades sen ánimo de lucro, empresas e autónomos” que fora publicada no DOG do 22 de marzo do 2017, axudas que cubrían ata un 80% da inversión, unha cantidade que o BNG considerou moi importante. No 2018 foron publicadas no DOG do 30 de xaneiro

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180130/AnuncioO3G1-291217-0004_gl.html e saíron as resolucións o pasado mércores 27 de xuño

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180627/AnuncioG0474-190618-0004_gl.html nas cales se pode observar que o concello de Lugo perdeu esta oportunidade de seguir avanzando no aforro económico das calefaccións de edificios públicos e nos seus beneficios medioambientais. “Na resolución da convocatoria podemos ver que hai 47 concellos galegos que se van beneficiar destas axudas para mellorar a eficiencia das súas instalacións, porén Lugo volve quedar fóra” explicou Rubén Arroxo.

 

O concelleiro do BNG, Rubén Arroxo, pediu “un cambio de rumbo na xestión municipal” entendendo que a día de hoxe o goberno municipal segue sen un proxecto claro para Lugo malia levar xa 3 anos de mandato. O BNG cre que proxectos coma o da biomasa, que son alternativas directas ao petróleo e que aforran cartos, deben ter maior consideración por parte do executivo local. Ademais Lugo conta cun importante número de edificios deportivos e centros de uso público, como poidan ser os centros sociais ou os edificios administrativos, polo que un cambio progresivo dos sistemas de calefacción, aproveitando a saídas destas liñas de subvencións levaría consigo un importante aforro de diñeiro público

 

Nesta liña dende o propio grupo nacionalista quixeron lembrar que, tal e como xa anunciaron, preguntarán na vindeira comisión municipal se as caldeiras de biomasa de Frigsa están a funcionar, dado que existen versións nas que se explica que aínda teñen problemas técnicos para podelas usar “sería desastroso que despois de investir 874.063€ nesta instalación vaia quedar outro inverno sen ser usada” afirmou o voceiro nacionalista.

 

O BNG lamenta que Lugo non se presentase as axudas para enerxías renovables do 2018