O EVENTO CONTOU COA PARTICIPACIÓN DE SANDRA PIÑEIRO E CARME ADÁN, QUE OFRECERON ANÁLISES COMPLEMENTARIAS SOBRE O IMPACTO DA LEI NA SOCIEDADE

O BNG de Lugo organiza un faladoiro sobre os 20 anos da Lei contra a Violencia de Xénero

O evento contou coa participación de Sandra Piñeiro e Carme Adán, que ofreceron análises complementarias sobre o impacto da lei na sociedade

Maite Ferreiro reafirmou o compromiso da organización na loita contra a violencia machista

O BNG de Lugo organiza un faladoiro sobre os 20 anos da Lei contra a Violencia de Xénero

 

 

Lugo, 10 de decembro de 2024. A Comisión de Acción Feminista do BNG de Lugo celebrou unha charla divulgativa titulada 20 anos da Lei contra a Violencia de Xénero: Desenvolvemento e implantación na sociedade'. O faladoiro reuniu no Centro de Convivencia Uxío Novoneira a decenas de persoas interesadas en reflexionar sobre os avances e desafíos desta lexislación clave na loita contra a violencia machista. 

O evento contou coa participación de Sandra Piñeiro, titular do Xulgado de Instrución nº 2 de Lugo; e de Carme Adán, filósofa, escritora e política galega, que ofreceron análises complementarias sobre o impacto de dita Lei nos últimos 20 anos.

Piñeiro destacou os progresos realizados no ámbito xudicial, facendo fincapé na maior visibilización das violencias machistas; non obstante, advertiu sobre a falta de recursos suficientes nos xulgados especializados e a urxencia de avanzar en medidas de prevención.

Pola súa parte, Carme Adán fixo un balance crítico sobre a implantación da Lei na sociedade, subliñando a importancia de traballar a igualdade desde a educación e combater os discursos negacionistas. Adán incidiu, ademais, en que non só se deben centrar os esforzos na atención ás vítimas, senón tamén en desmontar as estruturas culturais que perpetúan o machismo.

Durante o debate posterior, as persoas asistentes amosaron o seu punto de vista, expresando a súa preocupación polo aumento de discursos que banalizan a violencia machista e pola necesidade de reforzar os recursos institucionais, como os Centros de Información á Muller (CIM) e a atención psicolóxica ás vítimas.

Desde a Comisión de Acción Feminista do BNG, Maite Ferreiro reafirmou o compromiso da organización na loita contra a violencia machista. "Esta charla demostrou que hai moita conciencia social, pero tamén moito camiño por percorrer. Agora máis que nunca, necesitamos sumar esforzos para construír unha sociedade libre de violencias machistas", insistiu. 

O faladoiro, que se enmarca nas accións polo 25N, compleméntase coa publicación dun vídeo divulgativo nas redes sociais, que sirve para seguir sensibilizando á poboación sobre esta problemática.

O BNG de Lugo organiza un faladoiro sobre os 20 anos da Lei contra a Violencia de Xénero