RUBÉN ARROXO LEMBROU QUE "TRAS 5 ANOS INSISTINDO, E VARIAS INICIATIVAS PLENARIAS APROBADAS, VANSE ABRIR OS APARCADORIOS EN EDIFICIOS DEPENDENTES DA XUNTA DE GALIZA"
O BNG de Lugo felicitase do traballo feito dende o concello para apertura dos aparcadoiros en edificios dependentes da Xunta de Galiza
Rubén Arroxo lembrou que "tras 5 anos insistindo, e varias iniciativas plenarias aprobadas, vanse abrir os aparcadorios en edificios dependentes da Xunta de Galiza"
O BNG quere poñer as infraestruturas públicas á servizo da veciñanza, tal e como fixo co aparcadoiro do Seminario
Concello e Xunta asinarán un convenio para abrir os aparcadoiros e facilitar o acceso das persoas ao centro da cidade de Lugo
Lugo,10 de decembro de 2024. O BNG dalle os parabéns a cidade de Lugo pola apertura de aparcadoiros en edificios dependentes da Xunta de Galiza. O portavoz do BNG de Lugo, Rubén Arroxo, lembrou que o seu grupo levou mocións ao pleno municipal e fixo unha campaña para Lugo contase con máis aparcadoiros próximos ao centro da cidade. Arroxo afirmou que o Concello de Lugo "é exemplo de como as institucións poden poñer á disposición das veciñas e veciños as infraestruturas públicas, tal e como aconteceu coa apertura ao público, polas tardes, do aparcadoiro do Seminario". Ese espazo, explica Arroxo, pasou de estar reservado a persoal do Concello a ser accesible para toda a veciñanza, abrindo un camiño que debe prolongarse para optimizar os recursos públicos dispoñibles para mellorar a mobilidade dentro da cidade, insiste o portavoz do BNG.
En Lugo existen outros espazos xestionados pola Xunta de Galiza que poden ampliar a capacidade de estacionamento na contorna do centro da cidade e que beneficiaría o acceso das veciñas e veciños a esta zona. Para Rubén Arroxo "é positivo que se incremente o número de prazas de aparcadoiro na zona do parque e da Avenida Ramón Ferreiro aproveitando os aparcadoiros do IES Virxe do Ollos Grandes, Lucus Augusti e da contorna da Facultade de Formación do Profesorado", na actualidade con prazas reservadas as 24 horas para vehículos autorizados e inaccesibles para o público xeral, explica.
Neste senso, Arroxo recorda que a Xunta de Galiza e o Concello poden abrir os aparcadoiros do Edificio Administrativo da Xunta, e dos IES Virxe do Ollos Grandes e Lucus Augusti e da contorna da Facultade de Formación do Profesorado pola tarde nun horario "que non afecte ao uso educativo dos distintos espazos, optimizando o espazo público para o estacionamento de vehículos, e garantindo máis capacidade de estacionamento na contorna do centro da cidade de Lugo", conclúe o portavoz do BNG.