"DENDE O BNG COMPARTIMOS AS DEMANDAS DA ANPA E EXIXIMOS QUE A REALIDADE ESPECÍFICA DE CADA CENTRO SEXA ANALIZADA E TOMADA EN CONSIDERACIÓN" MANIFESTA CARME AIRA
O BNG manten unha xuntanza coa Anpa do Ceip Otero Pedrayo (Rábade) para coñercer de primeira man a problemática de inicio de curso co agrupamento dos curso de 4ª e 5ª primaria
Lugo, 09 de setembro de 2023 O Grupo Parlamentar do BNG vén de rexistrar unha bateria de iniciativass sobre as necesidades do CEIP Otero Pedrayo de Rábade , tras a xuntanza mantida Carme Aira e membros do BNG de Rábade coa anpa de dito centro. Carme Aira –deputada nacionalista pola comarca de Lugo- explica trala xuntanza co anpa que "no CEIP Otero Pedrayo de Rábade recibiron a nova da agrupación das unidades de 4ª e 5º de primaria xusto ao inicio do curso , algo que vai que non vemos axeitado pois estes son dous cursos que pertencen a ciclos distintos co cal o contido das materias a impartir polo profesorado son totalmente distintas. A anpa do centro xa se manifestou en contra desta decisión que cualifican como último inviste contra o ensino público por parte da Xunta de Galiza"
Engade a deputada do BNG que "dende logo non pode entenderse de outro xeito semellante rixidez á hora de adoptar unha medida de inevitábeis efectos pedagóxicos e sociais negativos para esa comunidade escolar"
Carme Aira asegura que "desde o BNG compartimos as demandas da anpa e esiximos que a realidade específica de cada centro, a realidade do contexto social e o papel que xoga o centro educativo no seu ámbito de influencia deben ser analizados e tomados en consideración. E demandamos a corrección inmediata da política educativa que a Xunta de Galiza leva aplicando durante estes 14 anos de goberno do Partido Popular, de recortar recursos e servizos no ensino público para favorecer a competencia dos centros concertados"