BRAIS VÁZQUEZ: "DENDE O BNG LAMENTAMOS QUE O GOBERNO DO PP NON VEXA COMO PRIORITARIO UNHA AXEITADA PLANIFICACIÓN E UNHA XESTIÓN EQUITATIVA DOS RECURSOS DO CONCELLO"

O BNG de Monterroso amosa a súa preocupación pola incapacidade do equipo de goberno pra cumprir os prazos para a presentación dos orzamentos municipais para 2025

Brais Vázquez: "Dende o BNG lamentamos que o goberno do PP non vexa como prioritario unha axeitada planificación e unha xestión equitativa dos recursos do concello"

O BNG de Monterroso amosa a súa preocupación pola incapacidade do equipo de goberno pra cumprir os prazos para a presentación dos orzamentos municipais para 2025


 

Monterroso, 17 de outubro 2024. Dende o BNG no Concello de Monterroso, Brais Vazquez, denuncia a "incapacidade" do alcalde e o equipo de goberno para cumprir os prazos da tramitación do orzamento municipal para o ano 2025.


No anterior pleno xa se preguntou por esta cuestión, xa que a Lei Reguladora das Facendas Locais establece a obriga dos Concellos de remitir ao Pleno da Corporación o orzamento xeral, informado pola Intervención e cos anexos e documentación complementaria, antes do día 15 de outubro para a súa aprobación, emenda ou devolución.


Dende o BNG "consideramos que o orzamento municipal é o instrumento esencial para consensuar e garantir unha axeitada planificación e xestión equitativa dos recursos do concello" explica Brais Vázquez, xa que permite priorizar as necesidades e é o garante de que o diñeiro de todas as veciñas e veciños se emprega de forma responsable. Desde o BNG lamentamos que se trata dunha situación que deixou de ser extraordinaria para converterse no "modus operandi" de traballar do equipo de Goberno do PP.


Compre lembrar que xa o ano pasado, cos orzamentos do 2024 e pesar da insistencia do BNG, o pleno para tratar os orzamentos do ano actual nunca se chegou a celebrar, o que obrigou ao PP facer multitude de modificacións nun orzamento prorrogado do ano 2023 para tapar a súa incompetencia. Preocupanos o feito de que o executivo  en minoría traballe sen rumbo" continúa exponendo o concelleiro nacionalista. O curioso é que o actual equipo de goberno é a representación dun partido popular que tiña por lema na campaña electoral municipal " o sentidiño" e alardeaban de "xestión" "un concello sen orzamentos non pode ser xestionado" concluíu Vázquez

O BNG de Monterroso amosa a súa preocupación pola incapacidade do equipo de goberno pra cumprir os prazos para a presentación dos orzamentos municipais para 2025