"A concesión do transporte público debe contemplar a ronda e o recinto amurallado como zona peonil"
Os nacionalistas trasladaranlle ao Goberno Municipal unha proposta para que, á hora da adxudicación, o servizo de transporte público sexa adaptado ou adaptable a unha futura peonalización da ronda e do recinto amurallado
Non se pode pechar un contrato coa empresa por 15 anos sen preveer os cambios que pode ter a cidade nese período anfirmou o voceiro do BNG Asambleas Abertas
Lugo, 19 de xullo 2015. O voceiro do BNG Asembleas Abertas indicou que o goberno municipal debe considerar a necesidade, á hora da adxudicación do servizo público de transporte de pasaxeiros, de incluír posibles cambios na mobilidade da cidade. Rubén Arroxo sinalou que nas propostas que presenten as empresas debe contemplarse o feito futurible de que tanto a ronda da Muralla como o recinto interior sexan peonalizados na súa totalidade ou en parte.
Arroxo lembrou que o novo contrato de adxudicación vaise asinar por un periodo de 10 anos prorrogables a 15 e por un importe que ronda os 3,2 millóns de euros anuais. Non se pode pechar un contrato coa empresa por 15 anos sen preveer os cambios que pode ter a cidade nese período anfirmou o voceiro do BNG Asembleas Abertas e engadiu que xa temos a experiencia do que supón ter contratos deste tipo pechados que despois impiden adaptar os servizos ás necesidades reais do concello.
Para o BNG Asembleas Abertas débense plantexar posibilidades que queden contempladas á hora de facer a adxudicación do servizo de transporte público para que Lugo conte cun servizo sostible e eficiente no caso de que se avance na regulación do tráfico rodado en máis zonas da cidade.
Incorporación de enerxías alternativas e novos conceptos de transporte
Arroxo dixo que se debe traballar con perspectiva de futuro e deixar aberta a posibilidade de incorporar vehículos diferentes aos que hoxe operan para o transporte de xente no casco histórico. Existen moitas posibilidades para compatibilizar o transporte de pasaxeiros no casco histórico e na ronda da Muralla respetando a vocación de espazo para as persoas que deben ter estas zonas dixo Rubén Arroxo e engadiu que pódense contemplar vehículos eléctricos ou que funcionen con outro tipo de enerxías para disminuir a contaminación acústica e a emisión de gases.