A EDIL DE PARTICIPACIÓN DESTACOU O COMPROMISO DA TENENCIA DE ALCALDÍA "AMPLIAR O ALCANCE DAS ASOCIACIÓNS CON ESTES NOVOS CURSOS QUE AXUDAN A RECUPERAR AS ACTIVIDADES E OS OFICIOS DA NOSA CULTURA, E INNOVAR NOUTROS"
Cristina López visita os cursos de cestería organizados por Concello e Deputación para distintas asociacións de Lugo
9 asociacións recibien 5 sesións para completar 15 horas de formación básica en cestería
A edil de Participación destacou o compromiso da Tenencia de Alcaldía "ampliar o alcance das asociacións con estes novos cursos que axudan a recuperar as actividades e os oficios da nosa cultura, e innovar noutros"
Lugo, 05 de xuño de 2025. A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, acompañada polo concelleiro Alexandre Penas, visitaron Galegos onde a asociación veciñal do barrio está a recibir formación en cestería básica dentro do cilo de cursos que a área de Participación do Concello de Lugo en colaboración coa Vicepresidencia da Deputación ofreceu ás distintas asociacións veciñais de Lugo.
O Goberno de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación organizaron formacións de 15 horas, repartidas en 5 sesións, que se realizarán nos núcleos de Carballido, Orbazai, o Burgo, Galegos, Saa, Bosende, Piúgos, San Lázaro, Recatelo.
Cristina López reafirmou o seu compromiso coas asociacións para "ampliar o alcance das actividades con estes cursos que axudan a recuperar as actividades e os oficios da nosa cultura, e innovar noutros". Ademais, a edil destacou que a Tenencia de Alcaldía traballa "para facer funcionar o tecido asociativo tamén a través das partidas orzamentarias" polo que, insiste, "tanto axudas económicas coma obradoiros conviven e danse ao mesmo tempo".