A XUNTA DEIXOU UN ANACO DOUS METROS DO ANTIGO MURO APUNTALADOS XUNTO CUNHA SERIE DE CONEXIÓNS ELÉCTRICAS "HAI UN ANO DENUNCIAMOS A SITUACIÓN E VEMOS COMO, DESPOIS DA RETIRADA DAS CONEXIÓNS ELÉCTRICAS, A XUNTA NON SE PREOCUPA POR REMATAR AS SÚAS OBRAS"

Montse Valcárcel: "A veciñanza da Residencia segue a agardar a que a Xunta elimine un anaco do antigo muro do hospital"


A Xunta deixou un anaco dous metros do antigo muro apuntalados xunto cunha serie de conexións eléctricas "hai un ano denunciamos a situación e vemos como, despois da retirada das conexións eléctricas, a Xunta non se preocupa por rematar as súas obras"

Segundo a deputada do BNG, "isto é unha mostra máis do abandono da Xunta á cidade de Lugo"

Montse Valcárcel: "A veciñanza da Residencia segue a agardar a que a Xunta elimine un anaco do antigo muro do hospital"



Lugo, 06 de xuño de 2025. A Deputada do BNG no Parlamento Galego, Montse Valcárcel, reclamou de novo á Xunta de Galiza que reitre o anaco de muro antigo que deixaron apuntalado tras a renovación da contorna da Residencia. Penas lembrou que hai un ano xa se reclamou a retirada deste muro e que, despois de retirarse as conexións eléctricas "seguimos a ver como afea a imaxe da zona".

"A Xunta sempre segue o mesmo proceso, planifican mal as obras, deixando os traballos a medias", explicou Valcárcel, que engadiu "a Xunta ten que traballar para mellorar a cidade, tamén no eido estético, pero segue a demostrar que non lle preocupa a cidade de Lugo, permitindo este tipo de solucións que empeoran a imaxe da cidade".

A deputada reclamou á Xunta que mellore a planificación das obras "completándoas e non deixando anacos sen facer", e lembrou que a responsabilidade é da Xunta de Galiza por seren a administración promotora da renovación da contorna da Residencia. "Agardamos que a Xunta deixe de botar balóns fora e traballen para mellorar a imaxe da cidade", afirmou.

Montse Valcárcel: "A veciñanza da Residencia segue a agardar a que a Xunta elimine un anaco do antigo muro do hospital"