LUGO CONTA CON DÚAS ZONAS DE XOGOS INFANTÍS DENTRO DO RECINTO AMURALLADO QUE RESULTAN CLARAMENTE INSUFICIENTES E TÍRANSE 6.000 € EN POÑER PEDRAS

O goberno municipal ignora os mandatos do Pleno e gasta 6.000 euros nunha obra “provisional e inútil”

InicioObrasTrasSFernando

Maite Ferreiro lembrou quen en 2016 a corporación aprobou, por unanimidade, a proposta do BNG para a creación dunha zona de xogo

O goberno municipal ignora os mandatos do Pleno e gasta 6.000 euros nunha obra “provisional e inútil”

Lugo, 1 de agosto 2018. A edil do BNG no concello de Lugo, Maite Ferreiro, criticou que o goberno municipal “unha vez máis” ignore os mandatos do Pleno e se adique a facer obras “inútiles” cos cartos públicos. Maite Ferreiro lembrou quen en xullo de 2016 a corporación aprobou, por unanimidade no Pleno, a proposta para a creación dunha zona de xogo dentro de murallas e o BNG reiterou en novembro de 2016 a oportunidade de crear esta zona de xogo aproveitando o derribo do muro e lavandería do edificio do cuartel.

“Incluso o propio PSOE votou a favor da creación dunha zona de xogo infantil, cando o propuxo o BNG no pleno” sinalou Maite Ferreiro e engadiu “e agora vemos como executan unha obra en contra do seu propio parecer, gastando 6.000 euros e sen dar solución a unha demanda veciñal evidente”. “No centro da cidade hai unha carencia real destas instalacións para o ocio de nenas e nenos” afirmou Ferreiro e explicou que “as poucas instalacións que hai son insufiencientes e moitas veces as nenas e nenos teñen que gardar colas para subir aos xogos”.

Lugo conta con dúas zonas de xogos infantís dentro do recinto amurallado que resultan claramente insuficientes ademais de estar nun deficiente estado de conservación. Unha delas, a do Campo Castelo, está totalmente saturada e a do Cantiño atópase nunha zona de pouco tránsito. Destacadas asociacións empresariais do casco histórico e veciñais teñen demandado e plantexado a creación dunha zona de xogo nesta zona da cidade.

Unha obra “provisional”

Maite Ferreiro referiuse ao proxecto encargado polo goberno municipal para o acondicionamento da zona, no que xa se explicita literalmente que “se opta por una solución sencilla que permita un uso provisional de la misma hasta su uso y diseño definitivo”. Para o BNG “resulta insultante que se gasten 6.000 € nunha obra provisional e se ignore a decisión do pleno”. Ferreiro explicou que o acordo plenario data de xullo de 2016 e o proxecto foi rematado en agosto de 2017 “co cal se debería ter incluido a decisión plenaria por que tempo sobraba”.

O goberno municipal ignora os mandatos do Pleno e gasta 6.000 euros nunha obra “provisional e inútil”