Lembranza do aniversario da I Asemblea Nacionalista de Lugo 2020
18 nov. 2020 - 13:54
O Grupo Municipal do BNG realizou un acto de lembranza no 18 de novembro, aniversario da I Asemblea Nacionalista de Lugo, diante do Hotel Méndez Núñez. "Este ano, debido á crise sanitaria, decidimos facer esta pequena homenaxe diante do lugar onde se realizou a cea posterior á Asemblea Nacionalista do 1918", explicou o portavoz do Grupo Municipal do BNG, Rubén Arroxo.
A I Asemblea Nacionalista, celebrada en Lugo o 17 e 18 de novembro de 1918, contou coa presenza de autores destacados do nacionalismo galego, como Castelao, os irmáns Vilar Ponte e o lucense Lois Peña Novo