A TENENCIA DE ALCALDÍA HABILITARÁ UNHA PARCELA ANEXA AO CEMITERIO MUNICIPAL, CREANDO UN NOVO ESPAZO ONDE DESPOSITAR CINZAS DE ANIMAIS

Lugo contará co primeiro cemiterio público de mascotas de Galiza


A Tenencia de Alcaldía habilitará unha parcela anexa ao Cemiterio Municipal, creando un novo espazo onde despositar cinzas de animais

Traballarase nunha superficie duns 800 metros cadrados, creando unha zona "onde poder sentirse a gusto para lembrar a animais aos que moitas veciñas e veciños gardan un enorme afecto"

Lugo contará co primeiro cemiterio público de mascotas de Galiza



Lugo, 30 de xullo de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, anunciou que mañá o Goberno de Lugo aprobará o inicio do procedemento para construír un cemiterio destinado a mascotas e animais de compañía na contorna do actual cemiterio municipal, nunha parcela anexa duns 800 metros cadrados de extensión. A edil de Participación declarou que "levamos meses traballando neste servizo, o que nos permitirá atender a unha proposta que a veciñanza leva tempo reclamando". Trátase do primeiro cemiterio público de mascotas que se instalará en Galiza.

O novo espazo será pechado perimetralmente, e a zona interior será axardinada e contará con bancos e elementos que permitan crear un espazo íntimo para a lembranza dos animais falecidos. O novo cemiterio terá espazos para gardar as furnas dos animais incinerados, xunto cunha zona para gardar a chapa ou a cadea do animal. O Goberno de Lugo investirá 151.154,18€ nesta actuación, que se realizará priorizando o uso de materiais naturais e usará deseños respectuosos coa contorna, e contará cunha capacidade inicial de 320 mascotas en columbarios individuais para furnas, xunto cun espazo onde depositar cinzas. O novo cemiterio de mascotas contará con zonas de sombra ao plantar 19 árbores en toda a contorna, e contará con bancos, mentres que os espazos de paseo da contorna estarán decorados con pegadas de animais feitas en formigón.

Cristina López destacou o traballo realizado nos últimos anos para mellorar o Cemiterio Municipal. "Neste tempo realizamos a primeira ampliación do cemiterio desde o 2006 e melloramos espazos tanto na zona antiga como na nova", explicou Cristina López, que engadiu "seguimos a planificar traballo para mellorar o Cemiterio Municipal, atendendo tamén ás solicitudes que nos fai chegar a veciñanza".

Lugo contará co primeiro cemiterio público de mascotas de Galiza