A ÁREA DE PARTICIPACIÓN, EN COLABORACIÓN CO GRUPO ALBIA, ACHEGA ESTA MOSTRA QUE CONTA CON MILLÓNS DE VISITANTES EN TODO O MUNDO, DESPOIS DE PASAR POLOS ESTADOS UNIDOS OU FRANCIA

Lugo desfrutará da exposición Mexicráneos, a mostra de arte urbano máis grande de México


A área de Participación, en colaboración co Grupo Albia, achega esta mostra que conta con millóns de visitantes en todo o mundo, despois de pasar polos Estados Unidos ou Francia

Rubén Arroxo: "Trátase da maior exposición de arte urbano de México, tratando a cultura da morte a través de 10 figuras de gran formato"

Lugo desfrutará da exposición Mexicráneos, a mostra de arte urbano máis grande de México



Lugo, 08 de agosto de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou que nas vindeiras semanas a praza Maior acollerá a exposición Mexicráneos, unha mostra da cultura mexicana arredor da morte e das celebracións que realizan polo "día de los muertos". Trátase dun proxecto artístico que busca eliminar tabúes e espertar na sociedade a necesidade de falar sobre a morte enchendo as rúas de arte. Arroxo afirmou que "esta exposición é a maior mostra de arte urbano de México, unha mostra que segundo os organizadores conta con máis de 12 millóns de visitantes en todo o mundo".

A mostra Mexicráneos conta con dúas exposicións establecidas actualmente na Cidade de México e en Houston, nos Estados Unidos, xunto cunha mostra itinerante composta por 10 figuras que percorreu distintas cidades do mundo, e que a partir do 14 de agosto poderá visitarse na praza Maior de Lugo. En total, a mostra distribuiu 170 cránios monumentais arredor de todo o mundo e contou coa participación de máis de 1.500 artistas mexicanos e internacionais.

Mexicráneos é unha iniciativa cultural que ofrece unha nova forma de achegarse á morte a través da arte. Trátase dunha exposición de arte urbano de cráneos monumentais, onde o arte tradicional e moderno se unen grazas ás mans de artistas emerxentes e consolidados que buscan romper o tabú da morte. Mexicráneos é una versión actualizada dos rituais prehispánicos que consistían en adornar os cránios nos enterros e exhibilos durante as cerimonias, facendo das caveiras un símbolo vital ao que se rezou ao longo da historia.

A mostra chega a Lugo grazas á colaboración do Grupo Albia coa área de Participación, dentro da liña de traballo da área de goberno de prestación de servizos relacionados coa morte, tanto no aspecto material centrado nas exequias e honras fúnebres, como nos relacionados coa dor pola perda e atención ás familias, como todas as actividades relacionadas coa cultura funeraria.

 

Lugo desfrutará da exposición Mexicráneos, a mostra de arte urbano máis grande de México