O BNG DEFENDEU NESTE PLENO UNHA PROPOSICIÓN PARA INSTAR AO GOBERNO A MELLORAR A SITUACIÓN DO SECTOR DO TAXI, QUE FOI APROBADA POR UNANIMIDADE "PARA GARANTIR A CONTINUIDADE DUN SECTOR ESENCIAL COMO O TAXI", EXPLICOU RUBÉN ARROXO

O PP vota en contra do recoñecemento oficial de Castelao como primeiro presidente da Galiza

Alexandre Penas defendeu a proposición do BNG para recoñecer a Castelao como o primeiro presidente de Galiza de xeito oficial e legal

O BNG defendeu neste pleno unha proposición para instar ao goberno a mellorar a situación do sector do taxi, que foi aprobada por unanimidade "para garantir a continuidade dun sector esencial como o taxi", explicou Rubén Arroxo
O PP vota en contra do recoñecemento oficial de Castelao como primeiro presidente da Galiza



Lugo, 30 de xaneiro de 2025. O Pleno Municipal de hoxe rexeitou, cos votos en contra do Partido Popular, a proposición do BNG para defender a figura de Castelao, enmarcada no Ano Castelao 2025. A proposición defendida polo BNG propoñía que o Concello inste á Xunta a recoñecer a Castelao "como presidente de Galiza, e o Consello de Galiza como o primeiro goberno galego da etapa contemporánea", explicou o edil Alexandre Penas.

O concelleiro destacou a figura de Castelao como "a principal figura política e cultural da historia contemporánea de Galiza", e destacou que "toda a súa vida e a súa obra constitúen un inmenso legado político e cultural que é preciso administrar e divulgar, facendo que os seus ideais se fagan realidade na Galiza de hoxe".

Segundo Alexandre Penas, "continuar con esta visión distorsionada, converter a Castelao nun mito desprovisto de ideoloxía e de compromiso político, constitúe unha fraude histórica e unha negación do legado inmenso que nos deixou".

Proposición en defensa do sector do taxi

Desde o Grupo Municipal do BNG defenduse tamén unha proposición para reclamar ao Estado que interveña ante a situación actual do sector do taxi. "Estamos a ver como moitos profesionais están a recibir subas de ata 12 veces o prezo anterior do seu seguro", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "esta situación está poñendo en perigo a continuidade da actividade de moitas e moitos profesionais, especialmente no caso das e dos autónomos"

A proposición, aprobada por unanimidade, reclama ao Goberno do Estado que a Dirección Xeral de Seguros, dependente do Ministerio de Economía, supervise ás compañías aseguradoras, evitando prácticas abusivas como subas inxustificadas de prezos que non se axustan aos riscos, e a formular as medidas precisas para garantir que as aseguradoras non poidan acometer prácticas unilaterais e abusivas.

O PP vota en contra do recoñecemento oficial de Castelao como primeiro presidente da Galiza