MAITE FERREIRO, CONCELLEIRA DE CULTURA, TURISMO E PROMOCIÓN DA LINGUA DESTACOU O PAPEL DO GRUPO FONMIÑÁ "NA PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DO CINE ENTRE A VECIÑANZA DE LUGO"

Preséntase a 46 Semana de Cine de Lugo, coa que colaboran as áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo


Este ano a Semana de Cine volverá encher as instalacións culturais entre o 23 e o 29 de setembro

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua destacou o papel do grupo Fonmiñá "na promoción e difusión do cine entre a veciñanza de Lugo"

Iria Castro, deputada de Cultura e Maite Ferreiro, participaron esta mañá na presentación da Semana de Cine

Preséntase a 46 Semana de Cine de Lugo, coa que colaboran as áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo



Lugo, 10 de setembro de 2024. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou xunto co presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz, e a deputada de Cultura, Iria Castro, a 46 edición da Semana Internacional de Cine de Lugo. A cita, que se vén celebrando anualmente dende o 1979, terá lugar entre o 23 e o 29 de setembro de 2022. No acto estiveron tamén presentes Manuel Curiel, director da Semana de Cine, representantes da Xunta de Galiza e da USC, e integrantes do Comité Organizador da Semana.

"Debemos apoiar dende as institucións a nosa cultura propia, neste caso a produción de cine en galego", dixo Maite Ferreiro, que engadiu "as experiencias que temos dinnos que temos contadoras e contadores de historias moi boas, que fan obras fermosas e interesantes, que redundan na defensa e promoción da nosa lingua e da nosa cultura, que é o faro que nunca debemos perder de vista".

Iria Castro afirmou que "a semana de cine é unha cita consolidada no calendario cultural ao finalizar o verán", e destacou que esta cita "permítenos desfrutar de filmes que non chegan ás salas comerciais, pero que contan cunha gran calidade artística".

Ferreiro destacou o traballo do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, "que leva 46 anos dando visibilidade ao cine entre a veciñanza de Lugo", e engadiu "a Semana de Cine de Lugo é unha das actividades máis relevantes do calendario cultural da cidade".

 

Preséntase a 46 Semana de Cine de Lugo, coa que colaboran as áreas de Cultura do Concello e da Deputación de Lugo