O TENENTE ALCALDE E A EDIL DE CULTURA, MAITE FERREIRO, MANTIVERON UN ENCONTRO CO VICEPRESIDENTE DA DEPUTACIÓN, EFRÉN CASTRO E COA DEPUTADA DE CULTURA IRIA CASTRO

Rubén Arroxo: "a aportación da Vicepresidencia da Deputación para o San Froilán é 16 veces o que pon a Xunta de Galiza"

"Nós seguimos traballando para que o San Froilán sexa a gran festa do outono galego, unha festa por e para todas as lucenses, mentres o PP segue a traballar en contra de Lugo", afirmou o Tenente Alcalde

A Vicepresidencia da Deputación colaborará co San Froilán 2025 con 410.000€, mentres que a Xunta aporta 25.000

 
Rubén Arroxo: "a aportación da Vicepresidencia da Deputación para o San Froilán é 16 veces o que pon a Xunta de Galiza"

Lugo, 07 de agosto de 2025. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, mantiveron un encontro co Vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro e coa deputada responsábel de Cultura, Iria Castro, onde destacaron a "importante colaboración da Deputación coas festas do San Froilán". Rubén Arroxo afirmou que "a Vicepresidencia da Deputación é o principal colaborador da gran festa do outono galego, apoiando un proxecto de festas que buscan que as e os lucenses nos sintamos orgullosos da cidade", e engadiu "a colaboración da Vicepresidencia da Deputación é 16 veces superior á da Xunta de Galiza".

A colaboración da Xunta de Galiza "leva anos sendo igual, 25.000€", lembrou Arroxo, que comparou esta cifra cos 410.000€ que aportará a Vicepresidencia da Deputación para a edición 2025 do San Froilán. Arroxo explicou que isto é "parte da estratexia que o PP executa cada ano: non fan propostas, abandonan a comisión de festas, fan unha campaña pública negativa en contra do San Froilán e non apoian desde a Xunta de Galiza á gran festa do outono galego, catro puntos que amosan o desprezo do PP polas veciñas e veciños de Lugo".

A colaboración nos últimos anos da Xunta de Galiza ao San Froilán é de 25.000€, "unha cantidade irrisoria para as festas máis importantes de Lugo". Rubén Arroxo afirmou que "mentres que a Xunta aporta 3.025.000€ a unha empresa privada para organizar un festival, eixa á festa con máis historia de Lugo cunha aportación ínfima".

O Tenente Alcalde puxo en valor o traballo que está a realizar a área de Cultura, "que este ano organizará unhas festas con actividades diversas que garantirán que todo o mundo poida desfrutar do programa", e afirmou que "a colaboración da Deputación xunto con moitas empresas privadas fan que cada ano o San Froilán sexa a gran festa do outono galego".

 

Rubén Arroxo: "a aportación da Vicepresidencia da Deputación para o San Froilán é 16 veces o que pon a Xunta de Galiza"