RUBÉN ARROXO: "UN DEPUTADO E UNHA SENADORA DO BNG CONSEGUIRON MÁIS PARA O NOSO PAÍS QUE OS 22 DEPUTADOS E 18 SENADORES DO PP ESCOLLIDOS NA GALIZA"

Rubén Arroxo e Carme da Silva anuncian os logros conseguidos para Lugo coa sinatura do acordo de investidura

Mellora en infraestruturas, viarias e ferroviarias, para conectar Lugo ou a creación dun xulgado específico de violencia de xénero, entre as cuestións principais

Carme da Silva indicou que, alén das medidas do acordo "que mellorarán a vida do conxunto dos e das galegas, existen puntos específicos para a cidade de Lugo e a súa comarca"

Rubén Arroxo: "Un deputado e unha senadora do BNG conseguiron máis para o noso País que os 22 deputados e 18 senadores do PP escollidos na Galiza"

Rubén Arroxo e Carme da Silva anuncian os logros conseguidos para Lugo coa sinatura do acordo de investidura

 

Lugo, 14 de decembro de 2023. O portavoz do BNG en Lugo, Rubén Arroxo, e a senadora Carme da Silva, trasladaron hoxe en Lugo as principais medidas recollidas no acordo de investidura conseguido pola organización nacionalista. Un acordo,  explicaron, que garante a igualdade da Galiza e impulsa a Axenda Galega; e na que destacan medidas recollidas en materia de infraestruturas, ferroviarias e viarias, e en políticas sociais, como o aumento das pensións mínimas e a creación do xulgado específico de violencia machista que melloran a vida dos e das lucenses.

Carme da Silva indicou que, alén das medidas recollidas no acordo "que mellorarán a vida do conxunto dos e das galegas, como a igualdade a respecto da condonación da débeda, garantir o mesmo status político que Euskadi e Catalunya ou mesmo o avance no reforzo do autogoberno, existen puntos específicos para a cidade de Lugo e a súa comarca". Neste sentido, Rubén Arroxo puxo en valor os logros conseguidos e sinala que este acordo "demostra a importancia de ter unha forza política como o BNG, a única forza coas mans libres que verdadeiramente defende os intereses da Galiza".

"Un deputado e unha senadora do BNG conseguiron máis para o noso País que os 22 deputados e 18 senadores do PP escollidos na Galiza" apuntou o portavoz do BNG en Lugo. Entre as cuestións arrincadas, asevera Arroxo, é a creación dun xulgado específico de violencia de xénero en Lugo. "O BNG fai o traballo que a Xunta de Galiza do Partido Popular é incapaz de facer que debería ter xestionado e conseguido este Xulgado hai moito tempo este xulgado e non o fixo" reivindica Rubén Arroxo.

En materia de infraestruturas viarias, Carme da Silva aclarou que "aseguramos a finalización dos tramos pendentes de execución da autovía Santiago-Lugo da A-54 antes do fechamento de 2024, así como o compromiso de axilizar a execución dos traballos no viaduto colapsado da A-6, que finalizará este ano no tramo sentido Madrid e antes de finalizar o ano 2024 o tramo sentido A Coruña".

Se na anterior lexislatura a organización nacionalista conseguiu a modernización e electrificación da liña entre Lugo e Ourense, neste acordo logrou comezar a traballar na modernización da liña A Coruña-Lugo entre Betanzos e Lugo. Do mesmo xeito, Carme da Silva puxo en valor o impulso para a conexión ferroviaria entre Lugo e Santiago, desbloqueando o estudo da variante entre Curtis e Ordes.

Rubén Arroxo e Carme da Silva anuncian os logros conseguidos para Lugo coa sinatura do acordo de investidura