ARROXO: "SEGUIMOS ATENDENDO ÁS RECLAMACIÓNS VECIÑAIS PARA GARANTIR O BO ESTADO DOS VIAIS PÚBLICOS"
Rubén Arroxo informa que a Tenencia de Alcaldía completou a renovación do asfalto da avenida da Coruña

Vén de realizarse unha importante actuación que mellorou o treito entre as rúas Perpetuo Socorro e Illas Cíes, un dos máis desgastados deste vial
Arroxo: "Seguimos atendendo ás reclamacións veciñais para garantir o bo estado dos viais públicos"
Lugo, 04 de abril de 2025. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, anunciou que vén de completarse a renovación do asfalto da Avenida da Coruña, no treito que discorre entre as rúas Perpetuo Socorro e Illas Cíes. Arroxo lembrou que a Tenencia de Alcaldía traballa para "atender ás reclamacións veciñais e mellorando as vías de toda a cidade, tanto en zonas urbanas como periurbanas".
O Tenente Alcalde destacou "o bo ritmo desta obra" que rematou en tan só 4 xornadas. Os traballos executados consistiron na creación dunha nova capa de rodadura baseada en mestura asfáltica en quente, o que asegurará o selado do firme ante a acción da auga superficial, garantindo que a intervención sexa duradeira. Unha vez rematado o asfaltado, renovouse tamén a sinalización horizontal.
Arroxo lembrou que a Tenencia de Alcaldía traballa para "atender ás reclamacións veciñais e mellorando as vías de toda a cidade, tanto en zonas urbanas como periurbanas", e destacou que o Goberno de Lugo e a empresa responsábel das obras traballaron de xeito coordinado para "intervir reducindo ao máximo as restriccións no tráfico".