"RENOVAMOS A NOSA COLABORACIÓN CUN EVENTO COMPLETAMENTE CONSOLIDADO NA AXENDA CULTURAL DE LUGO QUE TRAE Á NOSA CIDADE UNHA IMPORTANTE SELECCIÓN DO JAZZ INTERNACIONAL", AFIRMOU RUBÉN ARROXO
Rubén Arroxo presenta a XXXIV edición do Festival de Jazz de Lugo
"Renovamos a nosa colaboración cun evento completamente consolidado na axenda cultural de Lugo que trae á nosa cidade unha importante selección do jazz internacional", afirmou Rubén Arroxo
A nova edición do Festival de Jazz de Lugo terá lugar entre o 1 e o 17 de novembro e contara no cartel cunha importante seleccións de músicos procedentes de Lugo e Galiza
Lugo, 23 de outubro de 2024. O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, participou na presentación do XXXIV Festival de Jazz de Lugo, que se celebrará entre o 1 e o 17 de novembro. Arroxo destacou o Festival de Jazz de Lugo como "unha actividade totalmente consolidada no calendario cultural de Lugo, que este ano chega á súa 34 edición e que fará que a nosa cidade acolla a unha importante selección de músicas e músicos de jazz referentes no panorama galego, estatal e internacional".
A nova edición chega a Lugo con 23 concertos que se celebrarán entre o 1 e o 17 de novembro, e contará cun programa dividido nos tres escenarios habituais - Círculo das Artes, Club Clavicémbalo e Casa do Saber - con músicos procedentes dos Estados Unidos, Lugo, As Canarias, México, Líbano, Italia ou Corea.
Arroxo animou a toda a veciñanza "a desfrutar do mellor jazz nunha que volve un ano máis para continuar a ampliar a programación de calidade que organizamos desde a área de Cultura do Concello de Lugo".