O PARTIDO CONGOLEÑO DO TRABALLO É UNHA AGRUPACIÓN POLÍTICA FUNDADA NO ANO 1969 POR MARIEN NGOUABI E ACTUAL PARTIDO GOBERNANTE NA REPÚBLICA DO CONGO

O Tenente Alcalde recibe en Lugo a concelleiros do Goberno da cidade de Brazzaville, capital da República do Congo

O Partido Congoleño do Traballo é unha agrupación política fundada no ano 1969 por Marien Ngouabi e actual partido gobernante na República do Congo

Rubén Arroxo: "A presenza de políticos de Brazzaville na nosa cidade recorda a importancia dunha boa gobernanza urbana"

O Tenente Alcalde recibe en Lugo a concelleiros do Goberno da cidade de Brazzaville, capital da República do Congo

 

Lugo, 17 de abril de 2024. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, acompañado de membros do Goberno Municipal, recibiu hoxe en Lugo a concelleiros do Goberno da cidade de Brazzaville, capital da República do Congo. O Partido Congoleño do Traballo (Parti congolais du travail) é o actual partido gobernante na República do Congo e foi fundado no ano 1969 por Marien Ngouabi. Os membros do PCT atópanse actualmente nunha xira na busca de iniciar un proceso de irmandade con diversas cidades de países do continente europeo.

Durante a súa visita a Lugo, os concelleiros e concelleiras amosaron a cidade aos políticos congoleños, e mantiveron unha reunión nas instalacións do Vello Cárcere onde compartiron as súas experiencias e metodoloxía á hora de gobernar as súas respectivas cidades. Logo da xuntanza, Rubén Arroxo expresou a importancia de manter este tipo de encontros, xa que "a presenza de políticos de Brazzaville na nosa cidade recorda a importancia dunha boa gobernanza urbana, sen importar a ubicación xeográfica".

Para o Tenente Alcalde de Lugo esta oportunidade "é crucial para fortalecer o noso compromiso coa promoción das relacións políticas e do diálogo entre nacións", xa que isto permite gañar novas experiencias para gobernar correctamente as cidades, "algo fundamental para garantir a calidade de vida da cidadanía", insistiu Arroxo.

 

Partido Congoleño do Traballo

O Partido Congoleño do Traballo (en francés: Parti congolais du travail) é un partido político fundado en 1969 por Marien Ngouabi, actual partido gobernante na República do Congo. Orixinalmente era un partido marxista-leninista, que foi fundado na República Popular do Congo, pero volveuse un partido de esquerda moderada na década de 1990. Denis Sassou-Nguesso é o presidente do Comité Central do PCT, e Pierre Ngolo é o Secretario Xeral do PCT.

Brazzaville é a capital da República do Congo, ademais da principal poboación do país. Está situada á beira do río Congo, na súa beira dereita, xusto enfronte de Kinsasa, capital da República Democrática do Congo. Aproximadamente un terzo da poboación da República do Congo vive na capital, sendo á súa vez, o centro administrativo e financeiro do país. En 2015 tiña 1 696 392 habitantes, 2 250 000 se se conta toda a aglomeración urbana. O seu actual gobernador é Christian Roger Okemba, do Partido Congoleño do Traballo.

O Tenente Alcalde recibe en Lugo a concelleiros do Goberno da cidade de Brazzaville, capital da República do Congo