RUBÉN ARROXO E MAITE FERREIRO PARTICIPARON NA INAUGURACIÓN DA ACTIVIDADE QUE REUNE EN LUGO A MÁIS DE 160 PROFESIONAIS CHEGADOS DE TODO O MUNDO
O Vello Cárcere acolle o VI Congreso da Asociación Estatal de Profesionais da Análise Sensorial
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro participaron na inauguración da actividade que reune en Lugo a máis de 160 profesionais chegados de todo o mundo
Ferreiro participou na apertura do congreso e destacou o potencial do sector primario na producción de alimentos de calidade
Lugo, 04 de xuño de 2025. O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, participaron no VI Congreso da Asociación Española de Profesionais da Análise Sensorial (AEPAS) que se celebra no Vello Cárcere ata o vindeiro venres 6. Maite Fereriro interviu no acto e agradeceu ao comité organizador, conformado por Ángeles Romero, Lourdes Vázquez e Maruxa Quiroga o traballo realizado para "poñer a Lugo no centro mundial desta rama da calidade alimentaria".
Nesta edición, baixo o lema "A fusión dos sentidos e os datos", o Vello Cárcere converterase nun foro para o intercambio de coñecementos e o debate entre a ciencia e a empresa, co fin de proporcionar solucións innovadoras e integrais que aborden os complexos desafíos actuais no campo da análise sensorial, unha disciplina científica.
Con máis de 160 profesionais visitando Lugo desde todas as zonas do mundo, o congreso tratará temas como a caracterización de productos, a satisfacción das persoas consumiddoras, ou o impacto da análise de datos e a intelixencia artificial no sector.