Lugo, 08 de agosto de 2019. O concelleiro de Educación, Felipe Rivas, informou no día de hoxe da dispoñibilidade de salas de lectura nos locais municipais. Segundo Rivas, “debido ao peche tanto da biblioteca provincial como de Intercentros durante as tardes do mes de agosto, desde o concello temos dispoñibles preto un cento de prazas que as estudantes do concello teñen á súa disposición”.
As salas dispoñibles son as seguintes:
- Biblioteca de Frigsa, 9 a 14h.
- Centro de Convivencia Maruja Mallo, 9:30 a 13:30 e 16:30 a 20:00
- Centro de Convivencia Fingoi, 10 a 13:30 e 16 a 19:30
- Centro de Convivencia Uxío Novoneyra, 8 a 14 e 16 a 21h
- Aula de Novas Tecnoloxías, 10 a 13 e 17 a 21h
Felipe Rivas indicou que no resto de Centros de Convivencia municipais tamén existen salas de lectura, máis non están separadas do resto de estancias, polo que se comparte o espazo co resto de usuarios do centro.