área
Novas

A área de Cultura convoca o 25º certame de pintura rápida ao aire libre Cidade de Lugo

Maite Ferreiro: "Volve unha cita xa consolidada na axenda cultural do verán e que este ano volverá a achegar distintas visións da cidade a través da pintura"

As bases do certame, que se celebrará durante o vindeiro domingo 13 de xullo, publicaranse no BOP nos vindeiros días

                                                                     

Ler novas
Novas

13 artistas foron seleccionados para realizar residencias artísticas dentro do ciclo Atopémonos Bailando organizado pola área de Cultura e o Colectivo Glovo


Os distintos artistas chegarán a Lugo desde distinas zonas do mundo para realizar proxectos de investigación relacionados coas artes do movemento nas instalacións da área de Cultura

A iniciativa, que xa vai pola súa cuarta edición, consolídase como un espazo de apoio á creación contemporánea en danza e artes en movemento, ofrecendo recursos, acompañamento e visibilidade a proxectos tanto locais como de ámbito estatal e internacional

Maite Ferreiro: "Ano tras ano vemos como o MIHL, pola súa singularidade e as súas capacidades, é un dos espazos máis reclamados para este proxecto"

Ler novas
Novas

A área de Cultura e o Colectivo Glovo abren a convocatoria do programa de residencias artísticas e investigación Atopémonos Bailando


Maite Ferreiro: "Trátase dunha convocatoria aberta a todas as profesionais da danza e das artes do movemento para realizar proxectos na cidade durante este ano"

A área de Cultura consolida o seu apoio ao sector da danza con esta convocatoria que permitirá avanzar na investigación e na creación de proxectos e espectáculos con 11 proxectos

Ler novas
Novas

Maite Ferreiro destaca a "boa participación da veciñanza" nas primeiras actividades do auditorio Fuxan os Ventos organizadas pola área de Cultura

As dúas primeiras actividades do Fuxan os Ventos, coa Banda Filharmónica o día 18 e o Conservatorio na xornada de hoxe, contaron cunha importante afluencia de público

A área de Cultura presentou 22 actividades a celebrar no primeiro semestre de 2025, "convertendo o auditorio Fuxan os Ventos nun edificio de referencia para o tecido cultural local"

Ler novas