área
Novas

Rubén Arroxo presenta a iniciativa Lugo a Pé coa que a área de Mobilidade potenciará o desprazamento a pé pola cidade

As marquesiñas do bus urbano acollerán paneis informativos sobre os tempos de desprazamento entre os principais puntos da cidade

Rubén Arroxo: "presentamos unha iniciativa que permitirá ás veciñas e veciños de Lugo realizar os seus desprazamentos de xeito amable co medio ambiente compaxinando o bus urbano e os desprazamentos a pé"

O Goberno de Lugo presenta esta iniciativa na primeira xornada da Semana da Mobilidade

Ler novas
Novas
IMG_0002 (3)

A área de Cultura achega a Lugo unha nova edición do Encontro de Fanzines e Autoedición VAIA VAIA

Maite Ferreiro: "VAIA VAIA é unha mostra cultural que propón explorar o traballo artístico de particulares e asociacións de xeito participativo e aberto"

VAIA VAIA desenvolverase a fin de semana do 23 e 24 de setembro na praza de Abastos

Ferreiro anunciou ao grupo vasco Dupla e ao cantante catalán Triquell para o San Froilán 2023, "achegando a Lugo a grupos referentes da música nas distintas linguas do estado"

Ler novas
Novas
IMG_20230703_121401

A área de Participación traballa na ampliación do Arquivo Municipal

Os departamentos de Cristina López e Felipe Rivas están a analizar a viabilidade do anexo do Colexio de Albeiros como lugar onde poder situar a extensión do Arquivo Municipal

 

Cristina López: "O depósito atópase nunha situación de case plena ocupación, polo que é necesario acometer unha busca dun novo emprazamento"

Ler novas