Maite Ferreiro e Rubén Arroxo presentan a campaña #LugoMurallaÚnica “unha promoción a nivel internacional do noso monumento máis importante”
A área de Cultura publicará 7 entrevistas a persoas relevantes de fora de Lugo que traballan ou viven na cidade
A iniciativa #LugoMurallaÚnica é a primeira das actividades que se celebran dentro da programación do 22º aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade
Na presentación estivo presente o ex breoganista Salva Arco, xunto con persoas participantes no proxecto