Maite Ferreiro preside unha nova xuntanza do Consello Escolar Municipal
Ferreiro: "Esta xuntanza é un espazo de debate e análise da comunidade educativa que buscará o beneficio do estudantado e da mocidade de Lugo"
A concelleira de Cultura trasladou ao organismo a posta en marcha do Parque Infantil de Tráfico, e afirmou que "o abandono da Xunta de Galiza ás súas competencias en materia educativa supón un importante esforzo tanto económico como administrativo para o Concello de Lugo"