Maite Ferreiro presenta, xunto con grupos de Lugo, o cartaz da semana cultural do San Froilán
“As obras recibidas demostran que Lugo ten unha grande potencia artística”, afirmou Maite Ferreiro
“As obras recibidas demostran que Lugo ten unha grande potencia artística”, afirmou Maite Ferreiro
A área de Cultura trasladará as propostas á comisión de festas para conseguir o consenso da corporación municipal
Maite Ferreiro destacou a variedade de estilos presentes nas festas
Maite Ferreiro: “teremos actuacións dirixidas ás distintas tendencias e gustos para satisfacer a todas as persoas”
Maite Ferreiro: “Imos facer do San Froilán a grande festa do outono galego e queremos que grupos e artistas lucenses teñan o protagonismo”
Lugo, 10 de agosto de 2017. O edil do BNG-AA en Lugo, Rubén Arroxo, lembrou que os grupos políticos da corporación municipal seguen fóra das mesas de contratación e das xuntas de compras. Arroxo explicou que no pleno do mes de setembro do ano pasado a partir dunha iniciativa do BNG a corporación acordaba, co voto en contra do goberno, a presenza dos grupos nas mesas de contratación e nas xuntas de compras, tal e como viña sendo ata o inicio deste mandato, engadindo ademais o propio concelleiro que “ao igual que sucede con outras moitas iniciativas aprobadas no Pleno, este acordo segue sen executarse” algo que para o BNG é unha falta de respecto á democracia municipal.
En setembro o BNG levou unha proposición ao pleno do concello para pedir que os grupos políticos volvan ter presenza nas mesas de contratación e nas xuntas de compras. Para Rubén Arroxo a presenza dos grupos nas mesas de contratación e nas xuntas de compras “é garante de transparencia dos órganos nos que se gastan os cartos públicos”, debido a que nestes organismos é onde se executan as compras de todo tipo de material para a institución e para o uso publico da veciñana, ou onde se contratan as empresas que van xestionar os diferentes servizos municipais. Neste sentido, e a resposta da habitual argumentación por parte do propio goberno, Arroxo aclarou que “evidentemente que podemos asistir como cidadáns a estas xuntanzas, tamén poderiamos facelo aos plenos, pero a alcaldesa esquece que foron as e os lucenses quen nos elixiron para que os representemos, como forzas políticas, nesta institución, xa que non é o mesmo presentarse neste organismo, que recibir unha convocatoria con toda a documentación que se vai xestionar”.
O edil do BNG sinalou “todo o mandato se está falando de transparencia neste concello e cando, de verdade, se fai unha proposta sería para este ámbito, non se cumpre”. Durante o principio do mandato aprobáronse varias iniciativas, de diferentes grupos políticos, nas que se propoñía mellorar e establecer mecanismos para incrementar a transparencia da xestión pública municipal. As mesas de contratación e as xuntas de compras son dous dos órganos nos que se efectiviza gasto de diñeiro público e “por iso, ao mellor, á alcaldesa lle preocupa a nosa proposta” afirmou Arroxo.
“O sorprendente é o interese do PSOE en non querer aos representantes electos nas Mesas de Contratación” dixo Rubén Arroxo. “Que os grupos políticos teñamos presenza nas mesas de contratación e nas xuntas de goberno non quere dicir que tomemos decisións, que para iso está o goberno, pero teremos toda a información de como, ese mesmo goberno, adxudica os cartos públicos” explicou aoedil do BNG.
O BNG sempre defendeu a presenza de todos os grupos políticos da corporación na Xunta de Compras e a Mesa de Contratación co fin de afondar precisamente na transparencia municipal, e que as forzas políticas que representan, dentro do concello ao pobo de Lugo, poidan ser observadores directos das inversións que a institución fai co diñeiro público. “Cando daba inicio o actual mandato, unhas das primeiras medidas tomadas foi precisamente a da suspensión destes dous órganos municipais, dando un paso atrás de moitos anos na transparencia do Concello de Lugo” afirmou Rubén Arroxo.
A venta dun inmoble propiedade da Igrexa Católica queda libre de pagar impostos por Decreto do Concello mentres o resto de lucenses teñen que pagar por cada transacción
Ferreiro lembrou que a presenza dos grupos nas mesas de contratación e nas xuntas de compras foi aprobada no pleno do mes de setembro e segue sen executarse o acordo