O BNG levará a pleno unha iniciativa de apoio ao comercio local e para que non se promovan máis centros comerciais
“Quedou demostrado que sería negativo para Lugo a apertura de novos centros comerciais” dixo Maite Ferreiro
“Quedou demostrado que sería negativo para Lugo a apertura de novos centros comerciais” dixo Maite Ferreiro
Lugo, 10 de agosto de 2017. O grupo parlamentar do BNG, a través da súa viceportavoz e deputada pola provincia de Lugo, Olalla Rodil, presenta unha proposición non de lei co fin de instar á Xunta de Galiza a realizar un plan orzamentado que interveña a igrexa de San Salvador de Soutomerille e toda a súa contorna, onde se atopa diferentes elementos algúns deles catalogados como Ben de Interese Cultural (BIC) como son a Torre de Arriba e a Torre de Abaixo, e que seguen no esquecemento institucional “O estado de abandono dun lugar como Soutomerille, en pleno Camiño Primitivo e no que se atopan dous Bens de Interese Cultural (A Torre de Arriba e a Torre de Abaixo, cuxa catalogación como BIC data de 1994) é inadmisíbel”, afirmou Olalla Rodil. Por iso, engade, “reclamaremos á Xunta que desenvolva un plan de actuación con orzamento suficiente para recuperar e pór en valor este espazo no que se atopan tamén unha igrexa prerrománica, a de San Salvador, e castiñeiros tricentenarios” ao redor do
adro e nas proximidades do castro, a Croa de Soutomerille. Soutomerille é un lugar privilexiado, por onde pasa o Camiño Primitivo, cunha paisaxe cuberta por carballos e castiñeiros con centos de anos, e con un patrimonio importantísimo e único, como é o estilo visigótico da propia igrexa ou o que se considera o cemiterio máis pequeno de Galiza.
O BNG lembra que o Goberno bipartito prevía desenvolver un plan de recuperación e posta en valor deste lugar, mais coa chegada do Partido Popular á Xunta de Galiza en 2009 “todo quedou paralizado e aínda que os valos continúan alí, anos despois, para sorpresa de quen visita Soutomerille”. As demandas que traslada o BNG ao Parlamento recollen as denuncias públicas desenvolvidas en múltiples ocasións desde a asociación Amigos do Patrimonio de Castroverde que leva anos reclamando actuacións por parte do Goberno galego para recuperar os inmóbeis e a igrexa de Soutomerille.
Desde o BNG lembran que o Camiño Primitivo foi declarado Patrimonio da Humanidade e a propia Xunta promove a través de Turgalicia a visita a Soutomerille na etapa que transcorre polo Concello de Castroverde, “non se entende entón o abandono no que se atopa este lugar senón é polo desleixo do goberno”. Soutomerille acolle tamén un cemiterio considerado o máis pequeno de Galiza con apenas 9 nichos ocupados.
Olalla Rodil dixo que “o goberno galego non pode tirar balóns fora apelando ás operadoras pola falta de cobertura nestas parroquias lucenses”
Arroxo lembrou que en setembro non se puido evitar a presenza dun circo con animais “por estar amparado por unha lei da Xunta e carecer o concello de normativa propia”
“A Xunta ten que implicarse na conservación do noso patrimonio e o PP debería facer un esforzo para que Sarri recupere un símbolo como a Torre de Batallón” dixo Olalla Rodil
“Compre redimensionar o servizo de informática, hai os mesmos traballadores que cando o concello tiña catro ordenadores con conexión a internet” dixo Rubén Arroxo
Neste momento a zona de Fontiñas é un dos puntos negros do tráfico en Lugo, o BNG ven propoñendo a creación de aparcadoiros disuasorios na zona para despexar a circulación
A Calella do Hospital atópase chea de pintadas, hai luminarias que non funcionan e converteuse nun urinario público
Para o BNG “non se poden seguir dando casos como o do concello de Lugo onde a Xunta mira para outro lado mentres ás ANPAS e o concello se ven envoltos por un baleiro legal que unicamente perxudica ás familias”