Aprobada no pleno municipal de Monterroso a moción presentada polo BNG contra a instalación de Altri
Brais Vázquez: "Este proxecto é unha macrocelulosa mastodóntica que causa un gran prexuízo ambiental e socioeconómico na nosa comarca"
Brais Vázquez: "Este proxecto é unha macrocelulosa mastodóntica que causa un gran prexuízo ambiental e socioeconómico na nosa comarca"
Iago Bande: "Este proxecto é unha macrocelulosa mastodóntica que causa un gran prexuízo ambiental e socioeconómico na zona centro do noso País"
Na instalación de 119 novas luminarias reducirase a potencia nun 50%, mantendo a luminosidade e incrementando a eficiencia enerxética
"Seguir traballando na renovación das luminarias nos barrios da cidade de Lugo é fundamental para fomentar o aforro enerxético" dixo Arroxo
Alexandre Penas: “na primeira fase executarase a obra que permitirá instalar unha liña de media tensión por Ángel López Pérez”
Penas comprobou o avance das obras do ascensor que entrará en funcionamento a finais de novembro
O Concello iniciará os trámites para solicitar a cesión da Rúa San Eufrasio e así construír a rotonda
“Temos propostas para os edificios que o concello ten abandonados e que deberían recuperarse e poñerse en uso” afirmou Arroxo
Lugo, 26 de xullo 2017. O BNG propón instalar un parque infantil no espazo situado na Carballeira de Nadela, dende a formación nacionalista informan que as nenas e nenos que alí viven, ou van ao colexio, non teñen ningunha instalación de xogos antes de chegar a Lugo “en Nadela e na súa contorna agrúpase un importante número de nenas e nenos, polo que sería idóneo darlles un espazo de lecer” dixo Rubén Arroxo. A proposta do BNG sería a de unir neste lugar, cunhas condicións xa de por si positivas pola sombra das propias árbores, un parque infantil con algúns aparatos de exercicios para persoas adultas dentro dun parque biosaudable, “a idea é que permita un uso interxeracional do espazo, de tal forma que se acade un lugar de encontro social entre nenas e nenos con persoas adultas” dixo o concelleiro nacionalista.
O BNG entende que o rural precisa de servizos básicos e tamén de espazos de dinamización e de encontro, de aí que considere a necesidade de deseñar parques e zonas de lecer co fin de que a poboación das parroquias teña os mesmos servizos e alternativas que a xente da cidade “querer que a xente viva no rural non pode ser só un eslogan, precisamos dar servizos como o abastecemento de augas, transporte ou internet pero tamén parques e prazas nas que as persoas se poidan xuntar e poidan sentarse a falar, a facer exercicio, e que os nenos poidan xogar” dixo Arroxo. Nesta liña o BNG vén de rexistrar un iniciativa para a comisión de Medio Rural de cara a que o goberno municipal deseñe unha liña de execución destas infraestruturas de forma repartida entre diferentes parroquias do municipio.
“Chama a atención que o PSOE critique o permiso concedido ao BNG, eles foron incapaces de facer nada en 8 anos e a realidade é que Lugo segue sen zona de baño” dixo Arroxo