integral
Novas

Rubén Arroxo presenta o proxecto de humanización do Carril das Flores, "unha mellora estética integral dunha das zonas con máis potencial da cidade"

A rúa Carril das Flores converterase nunha plataforma única con novos espazos verdes e zonas de convivencia, ademais de renovar os servizos da rúa

Arroxo: "Con este proxecto melloramos un dos espazos da cidade que máis necesidade tiñan dunha reforma integral e avanzamos na creación do gran eixo de mobilidade peonil leste-oeste de Lugo"

O orzamento proxectado para ambas intervencións ascende a 1.148.978,51€, mentres que a tenencia de Alcaldía continúa a traballar na adquisición da casa en ruínas ubicada na esquina de Carril das Flores con Montero Ríos, "o que nos permitirá ampliar o proxecto e que esta actuación contemple a mellora integral da zona"

Ler novas
Novas

Rubén Arroxo anuncia un novo plan integral do tráfico para protexer as zonas peonís

O plan aplícase nas rúas Camiño Real, Quiroga Ballesteros e Isaac Díaz Pardo coa instalación de bolardos

O acordo da colocación chegou case de xeito inmediato durante as conversas mantidas coas asociacións veciñais dos barrios

Rubén Arroxo insiste na intención de "protexer o patrimonio de Lugo e tamén ofrecer seguridade a todas as persoas que empregan día a día estas rúas peonís"

Ler novas