O Concello de Lugo prepara as actividades para celebrar as letras galegas, presentounas Rubén Arroxo xunto a ediles do goberno e integrantes da alianza Lugo pola Lingua
Entre o 14 e o 20 de maio, as áreas de Cultura e Educación achegan diversas opcións para achegar a lingua galega á veciñanza
Maite Ferreiro: "Buscamos achegar a lingua galega ás veciñas e veciños a través de música e cultura, convertendo as rúas de Lugo nun espazo para celebrar a importancia da nosa lingua"