O BNG pedirá a comparecencia da alcaldesa para que explique os compromisos do PSOE sobre a intermodal
Arroxo sinalou “o Ministro deixou moitas cuestións sen pechar e entendemos que a alcaldesa terá a información que non se deu na presentación”
Arroxo sinalou “o Ministro deixou moitas cuestións sen pechar e entendemos que a alcaldesa terá a información que non se deu na presentación”
Rubén Arroxo lamentou que “no acto do pasado día 4, no que interveu o Ministro e responsables do ADIF, non se permitisen preguntas que resultaría clarificadoras”
Para o BNG “non é normal que un proxecto austero como o presentado onte teña un coste similar ao proxecto faraónico presentado en anos anteriores”
Arroxo sinalou que “o novo aparcadoiro debe sumarse a unha rede de aparcadoiros disuasorios da cidade que sirva para avanzar na peonalización do entorno da muralla”
“Non hai máis que ver os orzamentos da Xunta para saber que a Intermodal non está na folla de ruta do PP para Lugo e o PSOE sabeo perfectamente” dixo Arroxo
O voceiro do BNG cualificou como “insulto á intelixencia das persoas que vivimos en Lugo” o anuncio de que a Xunta vai facer un estudo sobre a intermodal