Pontón pide a Goberno estatal e UE que non secunden a escalada belicista de Israel e EEUU logo dos seus ataques ilegais a Irán
Reclama que impidan a utilización de bases militares en territorio europeo para continuar uns ataques que están "fóra do dereito internacional"
"Hai que pararlles os pés a Trump e a Netanyahu porque o que non queremos baixo ningunha circunstancia é outro Irak ou outro Afganistán", advirte