O BNG esixe máxima celeridade e recursos para a reparación da Muralla de Lugo tras o derrubamento
Arroxo: “Transmitimos total colaboración co Goberno galego para que se poida rematar o arranxo o antes posible”
Alexandre Penas: "Para que a intervención sexa duradeira, os traballos teñen que realizarse garantindo unhas condicións climáticas favorables"
Penas lembrou que, ao traballo da brigada de obras, súmase unha empresa responsable do mantemento das vías urbanas "para traballos máis complexos que os realizados polo persoal da Brigada"
Pilar Bellón: " A veciñanza está farta de sufrir as incomodidades que supón transitar por estas vías, así como os danos que se producen nos vehículos como consecuencia das fochancas"
A actuación ten unha duración estimada dunha semana
O recinto está pechado desde o venres
O voceiro do BNG en Paradela, Antonio Álvarez, sinalou “é case imposible moverse polas beirarrúas para as persoas que temos algún tipo de limitación”
Lugo, 4 de agosto de 2017. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Rubén Arroxo, denunciou unha vez máis a ausencia dunha estrutura de madeira situada na parte baixa do paseo do río Rato á altura da Tolda, que foi levada por unha riada en xaneiro de 2016 “vai ano e medio dende que o río a arrincou, é unha obra dun custo baixísimo e que fai servizo a moita xente que estes días pasa por estes parques, e malia que dende o BNG levemos todo este tempo pedindo o arranxo nada se fixo” explicou Rubén Arroxo, lembrando que non só foi pedido polo grupo municipal, senón que ata os deputados provinciais do BNG chegaron a levar esta cuestión a un pleno da Deputación de Lugo sen que aínda se resolvese. O portavoz nacionalista lamenta o pouco interese que teñen as diferentes administracións nas zonas verdes do municipio “temos o luxo de vivir nunha cidade rodeada de espazos que son unha autentica marabilla, mais a pesar disto as administracións fan moi pouco por mantelas atendidas” explicaba o concelleiro do BNG.
O portavoz do BNG tamén pediu que se limpase os dous sendeiros que unen os Parques do Miño co do Rato. A día de hoxe o sendeiro que está situado paralelo á N-VI está practicamente pechado pola maleza, causando molestias as centos de persoas que diariamente se moven pola zona nestes meses de verán, o propio concelleiro explicou que “Non é aceptable que se deixe pechar o camiño pola maleza e máis na época na que máis xente pasa pola zona, nestes momentos non é posible cruzarse dúas persoas, nun sendeiro que cando está limpo ten un ancho cómodo e seguro”. Cómpre ter en conta que é un tramo curto de en torno a 300m, “e que non supón ningún esforzo económico para a administración”.
O BNG tamén quixo lembrar a existencia dun acordo plenario de decembro do 2015 “o pleno municipal aprobou por unanimidade unha proposición do BNG para instar ás diferentes administracións que se faga un mantemento constante e un arranxo das deficiencias destes sendeiros, que son un espazo de ocio da veciñanza de Lugo, o certo é que precisamente dende que se deu este acordo, é cando menos atención se lle está a dar” explicou o portavoz nacionalista, lembrando que “de pouco serven estes espazos verdes se non se lles acometen os mantementos precisos”.