A área de Cultura organiza xunto coa Tradescola unha charla-coloquio sobre a trompa-birimbao
Daniel Do Pando será o encargado desta iniciativa que terá lugar na Tradescola o venres 15 de novembro en horario de tarde
Daniel Do Pando será o encargado desta iniciativa que terá lugar na Tradescola o venres 15 de novembro en horario de tarde
A concelleira afirmou que "a cobertura deste posto permitiranos mellorar a atención á veciñanza nesta área"
Ferreiro explicou que "seguimos traballando para garantir que se presten servizos importantes como as escolas infantís ou os comedores escolares"
A deputada do BNG Montserrat Valcárcel escoitou as reclamación da veciñanza afectada e achegou a postura do BNG "ante unha fábrica que producirá grandes molestias nos núcleos de poboación da contorna"
O BNG trasladou esta problemática ao Parlamento Galego, e presentará iniciativas nas distintas institucións "para buscar unha mellor ubicación a este proxecto, que non afecte nin ás vivendas nin ás augas da zona"
Rubén Arroxo e Maite Ferreiro presentaron a programación do último ano desta celebración xunto con Branca Novoneyra
"Imos poñer a Lugo no mapa europeo e damos este paso xunto a 17 urbes, entre elas as grandes capitais estatais e culturais do continente, colaborando coa rede europea ULYSSES EUROPEAN ODDISEY", afirmou Ferreiro
Montse Valcárcel: "Esta festa exalta un dos nosos produtos máis típicos da gastronomía galega"
Montse Valcárcel: "Ancares é unha referencia da transformación alimentaria; hai que apostar por revitalizar esta comarca"
Lugo, 04 de novembro de 2020. O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, visitou, xunto con veciñanza da zona, o cruce entre as rúas Conde e Río Sil, onde no día de hoxe se realizou a instalación temporal dunha rotonda para comprobar o seu funcionamento neste cruce. “Cos datos que se recollan decidirase se continuar adiante coa sinalización definitiva dunha rotonda ou é preciso buscar outro tipo de solución”, declarou Alexandre Penas.
A concellería de Infraestruturas Urbanas contará coas observacións da empresa adxudicataria do pintado da sinalización horizontal e dos datos que recollan tanto o servizo de Enxeñaría do Concello como a Policía Local acerca da maniobrabilidade e da mellora na circulación que produza esta solución. “Trátase dun dos puntos con máis colisións de vehículos da cidade ao que queremos dar a mellor solución posíbel, atendendo ao mesmo tempo ás solicitudes da veciñanza da zona”.
“As obras recibidas demostran que Lugo ten unha grande potencia artística”, afirmou Maite Ferreiro
Alexandre Penas agradeceu a colaboración veciñal “para saber de primeira man as necesidades da zona”