A ANULACIÓN XUDICIAL DOS SERVIZOS MÍNIMOS DEIXA EN EVIDENCIA AO GOBERNO MUNICIPAL DIXO PAZ ABRAIRA
Para o BNG Orozco somentes busca gañar tempo para favorecer á empresa Urbaser"
A decisión xudicial ven a darlle a razón tanto ao cadro de traballadores como ao propio BNG qu
e levan dicindo, dende o comezo da folga, que os servizos mínimos decretados son abusivos
Lugo, 2 de agosto de 2014. A voceira do BNG no Concello de Lugo, Paz Abraira, afirmou que a anulación por parte dun xulgado lucense do último decreto de servizos mínimos no que o concello establece o 100% para todos os servizos deixa en evidencia unha vez máis ao goberno municipal socialista. Para o BNG a anulación destre decreto de servizos mínimos pon de manifesto o que tanto o cadro de traballadores como o propio BNG levan dicindo desde o comezo da folga, que os servizos mínimos decretados pola alcaldía son abusivos e limitan o dereito á folga.
Para o BNG o socalista Orozco, coa súa actitude, o único que pretende é ganar tempo e favorecer a Urbaser. O feito de non adoptar ningún tipo de medida sancionadora contra unha empresa que leva máis de 50 días sen cumprir o contrato que ten asinado coa cidade de Lugo deixa ben ás claras os intereses do PSOE. Abraira sinalou que a situación que está a padecer a cidade só ten unha solución, un acordo negociado entre as partes, pero como a empresa non se sente en absoluto presionada polo goberno municipal, non ten ningunha presa, polo que é posíbel que esta situación se prolongue no tempo.
A voceira nacionalista sinalou, tamén, que o desnorte do partido socialista neste caso é tan evidente que ante unhas declaracións absolutamente surrealistas do alcalde nas que indicaba que a folga atraia turistas, esta organización e o seu máximo responsábel e concelleiro en Lugo, o Sr. Besteiro, non lle esixiu unha inmediata rectificación. Para o BNG o feito de que o Goberno socialista anuncie que vai recurrir a decisión xudicial non é máis que unha clara mostra da súa falta de vontade e interese en resolver esta situación.