A ASAMBLEA DO BNG DE LUGO VE NECESARIO PROTEXER OS RESTOS ARQUEOLÓXICOS DE COESES

A ASAMBLEA DO BNG DE LUGO VE NECESARIO PROTEXER OS RESTOS ARQUEOLÓXICOS DE COESES

O Ministerio de Fomento deixa en máns da Xunta de Galiza a decisión sobre o futuro destes restos segundo o escrito remitido ao BNG no Congreso

 Numerosos colectivos manifestaron a importancia destes restos e o BNG ten presentado iniciativas no Parlamento Galego, no Congreso e levará unha moción ao Pleno do Concello de Lugo

Lugo, a 25 de xuño de 2013. A asamblea local do BNG de Lugo pronunciouse, por boca de Alexandre Penas, sobre a necesidade de protexer os restos arqueolóxicos de Coses. A asamblea analizou a resposta que o Ministerio de Fomento lle deu ás preguntas que o BNG prese

ntou no Congreso dos Deputados sobre as intencións do Ministerio sobre os achádegos arqueolóxicos de Coeses. Para o BNG “está claro que é reponsabilidade da Xunta de Galiza non permitir a destrución duns restos”. No escrito do Ministerio dise que a solución técnica a adoptar será tomada dacordo coa Xunta e que contará co informe da Dirección Xeral de Patrimonio. Penas sinalou que “o BNG comparte a preocupación manifestada por moitos colectivos e asociacións que defenden o patrimonio polo futuro destes restos pola súa importancia para a comunidade científica e para revelar unha parte fundamental da historia do noso país”.

Segundo o responsábel local do BNG “foron varios os colectivos que manifestaron a importancia destes achádegos e que pediron ás diferentes forzas políticas a súa implicación e apoio ao movemento social e cultural para evitar a destrución destes importantes achádegos”. Penas lembrou que o BNG defenderá, este xoves no pleno municipal, unha moción para instar ao Ministerio de Fomento e á Xunta de Galiza a deseñar un plano de conservación e posta en

 valor do conxunto arqueolóxico de Coeses. Segundo Penas “é preciso que este plan de actuación inclúa un novo trazado da autovía Lugo-Santiago que evite a destrución destes achádegos que teñen máis que contrastada a súa importancia”. A moción presentada polos nacionalistas tamén demanda que o Goberno Municipal, en colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio, acometa a catalogación de  todos os restos arqueolóxicos atopados coa finalidade de incorporalos ao patrimonio protexido do Concello.

Os  restos arqueolóxicos atopados nas obras da Autovía Lugo-Compostela na parroquia lucense de Coeses son, segundo todos os expertos, un achado singular e importantísimo por tratarse dun conxunto arqueolóxico único e que permitiría coa súa conservación, abrir novas vías de investigación científica arredor do pasado castrexo lucense e galego, despexando incógnitas sobre as tradicións mortuorias até o de agora practicamente descoñecidas.Este conxunto consta de tres partes: o Castro de Valente por un lado,  a Chousa do Castro por outro e no medio os transcendentais restos de inhumacións que serían destruídos polo actual trazado da Autovía. Dende o BNG sinalouse “que todos os restos atopados deben ser tratados en conxunto xa que posúen un valor inconmensurable non só para Lugo senón para o conxunto da historia e do patrimonio galego, o cal necesariamente debe implicar a súa conservación e estudo”.

Para o BNG resulta lamentable que un proxecto destas características non contemple a protección do noso patrimonio xa que a existencia do Castro era coñecida e recoñecida por técnicos, especialistas e a propia toponimía do lugar indica, claramente, a existencia dun lugar que debe ser considerado de alta protección. Houbo xa dous cambios mínimos no trazado para evitar a destrución do Castro de Valente e da necrópole de icineración pero non se acometeu a desviación necesaria para evitar a destrución do xacemento que engloba a todo o xacemento de Coeses que é único no seu conxunto.

A ASAMBLEA DO BNG DE LUGO VE NECESARIO PROTEXER OS RESTOS ARQUEOLÓXICOS DE COESES