O BNG PEDIRÁ NO PLENO DO CONCELLO DE LUGO A RETIRADA DE CONTAS MUNICIPAIS DE NOVAGALICIABANCO

O BNG PEDIRÁ NO PLENO DO CONCELLO DE LUGO A RETIRADA DE CONTAS MUNICIPAIS DE NOVAGALICIABANCO

Se a entidade bancaría non devolve a totalidade dos cartos ás persoas afectadas polas preferentes o concello deberá retiralas en menos de 1 mes

  Bao dixo  que “espero que os deputados e deputadas do PP en Madrid tamén voten a favor de devolverlle os cartos ás persoas e non a favor de quitárllelos como fixeron ata o de agora”

 Lugo, a 26 de xuño de 2013. O BNG defenderá, mañá xoves, unha Proposición no Pleno do Concello de Lugo para defender unha vez máis ás persoas afectadas pola estafa das preferentes e subordinadas. Os nacionalistas demandan das entidades bancarias que devolva a totalidade dos fondos presos por estes productos financieiros. Con esta Proposición o BNG busca o apoio de todos os grupos da corporación para que o Concello efectúe medidas de presión a través dos acordos que mantén coas entidades bancarias.

 Antón Bao dixo que “nunca é suficiente o apoio político para estas persoas estafadas por ese masivo engano que supoxo a contratación de preferentes e subordinadas” e engadiu que o BNG pretende “que o concello tome un compromiso real que vaia máis alá do simbólico”. Por eso a proposta dos nacionalistas ten como obxectivo que o Pleno acorde requirirá á entidade Novagalicia Banco para que no prazo dun mes proceda a iniciar a devolución íntegra das cantidades estafadas aos aforradores e aforradoras do municipio coas preferentes e

O voceiro do BNG no concello de Lugo tamén dixo que agardaba que “o acordo político non quede en Pedrafita ou no Padornelo” e que igual que onte unha moción do BNG foi aprobada por unanimidade,de todos os grupos, na Deputación de Lugo se “axiten as conciencias dos deputados e deputadas do PP e que en Madrid tamén voten a favor de devolverlle os cartos ás persoas e non a favor de quitárllelos como fixeron ata o de agora”. subordinadas e, de non ser así, procederase á cancelación de contas municipais en NGB coa única limitación da preservación dos intereses municipais. Bao dixo que todos “os concelleiros e concelleiras debemos de facer que a entidade sufra os efectos da indignación” e por eso o BNG propón que o concello retire contas e acordos coa entidade bancarizada. 

O BNG PEDIRÁ NO PLENO DO CONCELLO DE LUGO A RETIRADA DE CONTAS MUNICIPAIS DE NOVAGALICIABANCO