O BNG-Asambleas Abertas conviada a todos os lucenses a sumarse á movilización do Día da Patría
A manifestación sairá ás 12:00 hora do sábado 25 de xullo da Alameda de Santiago de Compostela e rematará na praza da Quintana
Trátase dunha celebración lúdico-reivindicativa na que todos os galegos e galegas, que queremos ao noso país, debemos estar presentes dixo Rubén Arroxo
Lugo, 23 de xullo 2015. Os representantes do BNG Asembleas Abertas animaron a todos os lucenses a sumarse á convocatoria cidadán plasmada no Manifesto pola unidade que convida ás forzas políticas e ao conxunto da cidadanía á celebración unitaria do Día da Patria. Os concelleiros do BNG Asembleas Abertas no concello de Lugo fixeron hoxe un chamamento a todos os lucenses para participar na manifestación unitaria que o vindeiro 25 de xullo, día da Patria Galega, percorrerá as rúas de Santiago de Compostela. Trátase dunha celebración lúdico-reivindicativa na que todos os galegos e galegas, que queremos ao noso país, debemos estar presentes dixo Rubén Arroxo.
Arroxo explicou que imos estar detrás desa pancarta que vai encabezada por persoas que non representan a partidos políticos concretos senón ao conxunto do país que, baixo o lema A nación galega, expresará iso: que moita nación galega vai estar detrás desa pancarta reivindicando os nosos dereitos nacionais como pobo e engadiu que queremos partillar ese 25 de Xullo unitario, compartir c@s nacionalistas, -organizados en forzas políticas e non organizados-, que pensen que Galiza merece un apoio de todos e de todas para facer oír a súa voz, que queren ver recoñecidos os seus dereitos nacionais, que aspiran a que Galiza poda gobernarse de forma plena, ter soberanía para decidir sobre as cuestións que afectan á vida da xente deste país.
Manter o status de Galiza como nación en pé de igualdade co resto das nacións do mundo, respecto e normalización plena da lingua e cultura propias, dotarnos das ferramentas que permitan darnos un futuro esperanzador son os nosos obxectivos e o de miles de galegos e galegas, dixo o voceiro do BNG Asembleas Abertas.
A formación nacionalista participará na habitual ofrenda floral de Galiza Nova no panteón de galegos ilustres a Castelao e Rosalía, e en todos aqueles actos de sensibilización para conseguir que o 25 de Xullo sexa unha festa reivindicativa de todos e todas e unha mobilización masiva que encha as rúas de Santiago.