O BNG CIFRA EN 30 MILLÓNS A DÉBEDA DO PP CON LUGO

O BNG CIFRA EN 30 MILLÓNS A DÉBEDA DO PP CON LUGO

IMG_6325Cosme Pombo cualificou de “continuos” os incumprimentos de Feijoo con Lugo

Os nacionalistas presentaron emendas aos orzamentos da Xunta para incrementar as partidas de sanidade, educación, servizos sociais, vivenda e medio rural

Lugo, 21 de novembro 2014. O parlamentario do BNG, Cosme Pombo, explicou hoxe en Lugo cales foron as emendas presentadas polo BNG aos orzamentos da Xunta. Pombo estivo acompañado da responsábel comarcal do BNG de Lugo que incidiu nas nefastas consecuencias dos recortes aplicados polo PP na Xunta de Galiza. Cosme Pombo informou que este luns comenzará o debate sobre as emendas presentadas aos orzamentos da Xunta e cifrou en 30 millóns de euros a débeda do PP con Lugo. Segundo Cosme Pombo “O BNG vai reclamar o pago desta débeda pola vía das emendas parciais e vai demandar que se cubran estas necesidades que son dereitos dos lucenses”.

Cosme Pombo dixo que “estes non son os orzamentos que Lugo nin Galiza necesitan” e dixo que “a pesares de que o PP situaba a Lugo á cabeza de Galiza en investimento por persoa trátase da propaganda dun PP que nega a realidade que vivimos os lucenses”. O BNG fixo, na súas emendas, fincapé aos compromisos con Lugo que Feijoo non asumiu, nin asume.

Pombo informou que, en materia de sanidade, o BNG solicitou unha dotación para o HULA de 5 millóns de euros para a implantación dos servizos de hemodinámica, medicina nuclear e radioterapia “un servizo que máis de 43.000 lucenses pediron”. Ademais os nacionalistas tamén reclaman un total de 2 milllóns para converter o edificio da Residencia nun centro de atención primaria e que teña a finalidade de servizo público que debe ter. Ademais o BNG tamén pediu 1 millón de euros para un novo Centro de saúde no Sagrado Corazón.

 

IMG_6318

Outra das emendas dos nacionalistas vai dirixida a que a Xunta de Galiza estableza unha partida orzamentaria de 5 millóns de euros para executar o remate do Plan Paradai,” non abonda con 700 mil euros para o ano 2015 tal e como ten previsto o PP” sentenciou Cosme Pombo. O BNG reclama tamén rematar a rehabilitación da Tineria,para efectivizar o que estaba previsto antes de que Feijoo chegara á Xunta, e para isto son necesarios 5 millóns, non os 45.000 que destina o PP.

Otras das débedas históricas da Xunta con Lugo, segundo Cosme Pombo é a creación do Museo da Romanización e o BNG esixe un compromiso real para a rehabilitación do cuartel de San Fernando coa asignación de 1,5 millóns de euros. En materia de ensino os nacionalistas reclaman un novo aulario no CEIP Anexa e o cerramento do patio de Quiroga Ballesteros, ademais dun compromiso económico serio para a construción do novo centro Ceip do Sagrado Corazón.

A responsábel comarcal do BNG de Lugo, Esther López, deu conta das emendas que o BNG presentará a nivel galego e sinalou que “presentamos emendas relativas a Sanidade, ensino, servizos sociais, medio rural e medio ambiente” xa que, para o BNG, “os orzamentos da Xunta non atenden as necesidades deste país e inciden no desemprego, no despoboamento, incrementan a emigración dos xóvenes e fomentan o desmantelamento dos servizos públicos”.

En materia de sanidade o BNG reclama 20 millóns de euros para dotarnos dun plan de mellora de atención primaria “uUnha atención primaria que está sendo víctima dos recortes como sucede coa supresión de médicos en Riotorto, A Pobra do Brollón, Cervo ou Castroverde” sinalou López. A reposábel do BNG explicou que “o ratio de 1500 cartillas por médico pero esto non é o mesmo na cidade de Lugo  como nun concello como a A Pobra de Brollón ou Riotorto onde a poboación envellecida e dispersa”.

En materia de ensino o BNG presentou emendas pedindo 19 millóns para promover a gratuidade de libros e material didáctico e a gratuidade dos comedores escolares. En Benestar Social os nacionalistas reclaman 7.3 millóns de euros para un plan de emerxencia social e para a prevención da pobrezo infantil. En materia de Medio Ambiente o BNG pide 2 millóns de euros para un plan de mellora da calidade dos ríos galegos entre os cales estaría o río Miño. Esther López dixo que “as políticas do BNG van destinadas a coidar os nosos ríos e non a instalar gasolineiras nas súas beiras”.

O BNG CIFRA EN 30 MILLÓNS A DÉBEDA DO PP CON LUGO