O BNG DE LUGO AVANZA NO PROCESO DE ELABORACIÓN DA CANDIDATURA PARA AS MUNICIPAIS

O BNG DE LUGO AVANZA NO PROCESO DE ELABORACIÓN DA CANDIDATURA PARA AS MUNICIPAIS

IMG_5798O consello local levará unha proposta para que sexa ratificada ou rectificada na asamblea aberta que se celebrará o vindeiro día 26 de novembro

Alexandre Penas sinalou que “todas as persoas que conformarán a candidatura do BNG foron propostas no proceso de Asambleas Abertas impulsado polo BNG”

Lugo, 21 de novembro 2014. O consello local do BNG de Lugo elaborou unha proposta para decidir as persoas que conformarán o primeiro tramo da candidatura do BNG nas eleccións municipais do vindeiro mes de maio. Segundo o responsábel local do BNG, Alexandre Penas “todas as persoas que conformarán a candidatura do BNG foron propostas no proceso de Asambleas Abertas impulsado polo BNG” e engadiu que “o consello local formulará unha proposta pero serán os asistentes a Asamblea Aberta do vindeiro mércores quenes ratifiquen ou rectifiquen esta proposta”.

O proceso de Asambleas Abertas iniciado polo BNG comenzou en Lugo o pasado 25 de setembro cunha asamblea no centro social Maruja Mallo que reuniu a máis dun centenar de persoas. Entre os asistentes a esta primeira asamblea aberta, ademais de militantes e simpatizantes do BNG, estaban persoas de diversas tendencias políticas, ex-militantes do Bloque Nacionalista Galego e persoas afíns a outras correntes do nacionalismo. Este primeiro encontro tivo contunuidade a principio deste mes de novembro cunha asamblea aberta na que se concretaron nomes e persoas que poderían conformar a candidatura do BNG. “Unha vez escoitadas todas as persoas participantes neste proceso o consello local elaborou unha proposta para ser debatida” explicou Penas.

Alexandre Penas afirmou que “o desafío que emprendemos necesita do compromiso e da participación popular, precisa de moitas mulleres e homes, mozas e mozos orgullosos da súa condición de galegas e galegos, que enarbolen a bandeira da loita pola democracia, a xustiza e a dignidade”. O BNG concurrirá ás eleccións municipais baixo as siglas BNG – Asambleas Abertas e contará na súa candidatura con persoas relacionadas con diversos ámbitos. Alexandre Penas sinalou que “nas candidaturas do BNG sempre tivo cabida persoas que, aínda non sendo militantes do BNG, teñen demostrado o seu compromiso co país e coa xustiza social”.

O BNG DE LUGO AVANZA NO PROCESO DE ELABORACIÓN DA CANDIDATURA PARA AS MUNICIPAIS