O BNG CRITICA A NEFASTA XESTIÓN DO GOBERNO MUNICIPAL EN MATERIA DE SUBVENCIÓNS
A maioría das axudas a colectivos culturais, deportivos, sociais e veciñais están sen aboar e o pago de moitas delas comenzaron a xestionarse a finais de 2013 e comenzos de 2014
Todo o que ten que ver co orzamento do 2013 vaise materializar no ano 2014 por que foron incapaces de facelo durante o exercicio correspondente dixo Paz Abraira
Lugo a 13 de xaneiro de 2014. A voceira municipal do BNG no concello de Lugo criticou hoxe o retraso no pagamento das subvencións aos diferentes colectivos que reciben axudas do concello. Abraira sinalou que este é outro síntoma claro de que os orzamentos municipais foron abocados a prorogarse xa que pola falta de xestión do goberno non se fixo nada durante o ano 2013. Para o BNG é un asunto importante xa que é o movemento asociativo quen mantén o dinamismo nunha cidade como a nosa a través da actividade social, cultural, deportiva e da participación veciñal. Abraira afirmou que estas subvencións teñen moita transcendencia e non é comprensible que non sexan capaces de xestionalas ata finais de 2013 ou comenzos de 2014.
As subvencións que están sen aboar, e cun importante retraso na tramitación, corresponden á área de Cultura, Deportes, Servizos Sociais, Ensino, Muller e Participación Cidadá, e afectan tanto ás axudas que se tramitan por concorrencia competitiva como as axudas nominativas anuais. Para o BNG un dos casos máis escandolosos é a neglixencia na xestión das axudas nominativas, unhas axudas que figuran no texto dos orzamentos anuais e das que somentes foi asinado o decreto de pagamento para 25 delas. As axudas nominativas do concello suman un total de 1.326.400 e hai asignadas un total de 121 a entidades de diversos ámbitos como Cultura, Deportes, Servizos Sociais, Ensino, Muller e Participación Cidadá. Abraira informou que das 121 axudas nominativas, que xa firguraban no orzamento aprobado para o ano 2013, somentes se asinaron os decretos de pago para 25 destas axudas e polo tanto son 96 as que aínda están sen pagar.
Abraira destacou que no ano 2013 non se comenzou a tramitar o pago das axudas ata final do ano e, nalgúns casos, ata o mes de xaneiro de 2014. Abraira exemplificou o retraso na xestión das axudas explicando que as axudas do concello para o lume novo do ano 2013 foron adxudicadas o pasado 9 de xaneiro de 2014. Outro caso é o das axudas destinadas a ONG, que desenvolven a súa labor en paises do terceiro mundo, no que se aprobou o decreto de adxudicación o 10 de xaneiro de 2014. Paz Abraira lembrou que a tramitación destas axudas é unha xestión que se fati todos os anos e por esto non deben sufrir un retraso excepcional. Abraira explicou que moitas destas subvencións terían que estar xustificadas antes do 31 de decembro de 2014 e o goberno municipal tivo que ir publicando decretos para ampliar o prazo de xustificación dado que foron eles quenes incumpliron todos os prazos.
No caso das axudas que se conceden a través de convocatorias de concorrencia competitiva na área de Deportes aprobouse o gasto na última semana do ano, o 26 de decembro de 2013. O cal quere decir que a día de hoxe os beneficiarios destas axudas, que presentaron un total de 73 solicitudes, non puideron os 130.000 que estaban asignados na partida correspondente. En cultura o decreto de concesión foi aprobado o 29 de novembro de 2013 por un total de 24.500 para 28 solicitantes. É curioso apuntou a nacionalista que somentes se concedan 24.500 cando a partida correspondente para concorrencia competitiva, aprobada nos orzamentos, ascende a 33.000 . Esto supón, segundo a voceira do BNG que se está privando ao tecido cultural de acceder a 8.500 en axudas. As 52 axudas concedidas a entidades veciñais, que solicitaron axudas a través da área de Participación Cidadá, adxudicáronse o 29 de novembro de 2013.
O ano 2013 foi o ano dos retrasos e dos incumprimentos no concello de Lugo dixo Paz Abraira e esto abocou á prorroga dos orzamentos municipais e non foi por que o BNG se negase a aprobar os novos orzamentos Todo o que ten que ver co orzamento do 2013 se vai materializar no ano 2014 por que foron incapaces de facelo durante o exercicio que correspondía. Abraira criticou a falta de xestión do goberno do PSOE e dixo que contrasta esta falta de axilidade administrativa, na tramitación das axudas, coa axilidade que se da en outros asuntos que son de interese para o PSOE e o PP como foi tramitación do expedente para entrar no accionariado da sociedade anónimo deportiva que promoveu o CD Lugo, que se fixo en tempo record e sen problemas administrativos.
Retrasos no concello e recortes na Xunta
A voceira do BNG dixo que no goberno municipal son incapaces de xestionar os cartos cos que contan no orzamento e que van destinados ao movemento asociativos, cultural e deportivo lucense. Paz Abraira dixo que o movemento asociativo tamén está a ter dificultades por todos os recortes aos que o está somentendo a Xunta de Galiza e por tanto dependen, en gran medida, da axuda que lles preste o concello de Lugo para desenvolver a súa actividade.