O BNG DEMANDA A ELABORACIÓN DUN NOVO RUEIRO OFICIAL DO CONCELLO DE LUGO
O goberno municipal ten que acometer a renovación dos nomes franquistas da rúas e iniciar a renovación deste documento dixo Cristina Ferreiro
O actual rueiro foi feito a comenzos deste século e dende aquela non foi actualizado
Lugo, 22 de marzo, 2014. O BNG demandoulle ao goberno municipal que acometa a elaboración dun novo rueiro oficial do concello de Lugo. A edil nacionalista, Cristina Ferreiro, lembrou que o actual rueiro foi elaborado a principios de século e vai sendo hora de que se faga unha revisión e actualización. Ferreiro indicou que o goberno municipal ten que acometer o cambio dos nomes franquistas das rúas e iniciar a renovación deste documento. Cristina Ferreiro advertiu que non compre desembolso económico por parte do concello, nin que se incie a contratación doutra empresa para facer este traballo e lembrou que o actual rueiro foi feito dende os propios servizos municipais que teñen a capacidade necesaria para desenvolver con solvencia esta tarefa.
Cristina Ferreiro lembrou que foi o BNG, no seu paso polo goberno, quen iniciou o proceso para a substitución do nome das rúas franquistas e traballou para impulsar, dende a comisión do rueiro, a nomenclatura das rúas que aínda carecen de nome. Ademais das rúas con nomes franquistas, das que xa se iniciara un proceso para o seu cambio de nome, están pendentes de nomear un bo número de rúas. Para o BNG este é un caso máis da deixadez do goberno do PSOE que non remata os procesos iniciados e quedan perdidos nos caixóns dos diferentes servizos. A corporación do concello de Lugo aprobara no pleno do 7 de outubro de 2013 unha proposición do BNG instando ao goberno municipal a proceder ao cambio de nome das rúas nas que figuren persoas relacionadas ca dictadura franquista.
O actual rueiro oficial do concello de Lugo fora elaborado a principios deste século e editado no ano 2002. O actual rueiro oficial foi feito e impulsado polo BNG durante o bipartito que gobernou o concello de Lugo no período 1999-2003. Todos os traballos precisos para a confección do rueiro estiveron dirixidos e coordinados por Lois Dieguez que, naquel momento, era funcionario do servizo de topografía do concello de Lugo. O traballo feito naquel momento foi impecable e necesario pero consideramos que compre unha actualización sinalou Cristina Ferreiro