O BNG PREGUNTA POLA DESCONFIANZA DO GOBERNO MUNICIPAL NO SEUS SERVIZOS ELÉCTRICOS
O concello xa conta cunha auditoría sobre o consumo eléctrico e hai informes dos servizos eléctricos municipais que, de ser aplicados, implicarían un aforro considerable para o concello
A que se refire Luis Álvarez cando di que a maior parte dos contratos coas eléctricas teñen erros cuestionou Paz Abraira
Lugo, 20 de marzo, 2014. A voceira nacionalista no concello de Lugo, Paz Abraira, anunciou hoxe que o BNG presentou unha batería de preguntas, para a súa resposta en comisión, nas que se demanda información ao goberno municipal do que semella unha desconfianza do goberno municipal nos servizos eléctricos do propio concello. Abraira sinalou que o BNG non ten nada contra este convenio pero queremos saber que vai facer o seguimento dende o concello xa que se servizos eléctricos nada sabían deste asunto.
O BNG presentou preguntas nas que se di directamente se Considera o goberno municipal que os servizos eléctricos do concello non teñen capacidade para seguir valorando a facturación e se os contratos son, ou non, os axeitados e se vai ter en conta o goberno municipal as propostas de mellora plantexadas polos servizos eléctricos a respecto dos grandes consumidores de electricidade deste concello. Paz Abraira xa sinalara que existen 3 instalacións que son as que soportan o maior consumo eléctrico e os servizos eléctricos do concello teñen feito propostas, mesmo por escrito, para reducir este gasto supera os 30.000 en cada factura. Outra das cuestións refírse a se o goberno municipal contrastou datos, cos servizos eléctricos municipais, sobre a realización desta auditoría.
Abraira explicou que o BNG ten constancia de que o concello xa dispón dos resultados dunha auditoría anterior e os propios servizos municipais teñen presentado informes nos que se plantexaban propostas para reducir de xeito considerable os gastos derivados do consumo eléctrico. O goberno municipal non contou, tampouco, cos servizos eléctricos para aplicar os resultados obtidos desta auditoría nin destes informes que xa poderían ter reducido, de ser aplicados, o gasto derivado do consumo eléctrico.
O BNG quere saber en que datos se basea o voceiro do goberno municipal para afirmar que a maior parte dos contratos de subministro de enerxía teñen erros. Esta afirmación, feita polo voceiro do PSOE no concello, destapa serías dúbidas xa que parece que o goberno municipal dunha información que implica un despilfarro enerxético que o concello non pode permitirse. Os nacionalistas queren saber se o goberno municipal tivo en conta os escritos, remitidos polos responsables do servizos eléctricos, con propostas para a optimización da xestión da facturación e a redución no gasto por consumo eléctrico.
Entre as preguntas presentadas polo Grupo Municipal do BNG insístese en saber quen vai ser a persoa designada, como técnico, por parte do concello para que se ocupe de supervisar este asunto e que servizo municipal vai determinar o contido desa auditoría enerxética. Tamén se preocupa o BNG por saber se vai incluír, esa auditoría enerxética, o control dos submnistros de gas.