O BNG IMPULSARÁ UNHA CAMPAÑA DE PARTICIPACIÓN A TRAVÉS DE VISITAS AOS BARRIOS E DAS REDES SOCIAIS

O BNG IMPULSARÁ UNHA CAMPAÑA DE PARTICIPACIÓN A TRAVÉS DE VISITAS AOS BARRIOS E DAS REDES SOCIAIS

IMG_2259Para o BNG é fundamental que a xente participe na vida política dos concellos

Os nacionalistas celebraron unha asamblea local na que tamén se definiron cuestións relativas ao funcionamento do grupo municipal tras a súa reformulación

Lugo, a 22 de xaneiro de 2014. O BNG de Lugo poñerá en marcha unha campaña de achegamento á cidadanía para coñecer de primeira man cales son as inquedanzas e preocupacións dos veciños e veciñas de Lugo. Esta campaña, segundo informou o responsábel local, levarase a cabo tamén a través das redes sociais. “Queremos manter abertas canles de comunicación para que a xente nos traslade aquelas cuestións que lle preocupan e das que o BNG farase voceiro para reivindicalas alá onde sexa necesario”. Penas sinalou que “xa son moitas as persoas que se dirixen ao BNG para que traslademos cuestións das súas rúas e barrios por que se senten desatendidos na maraña burocrática das administracións”.

IMG_2257

O BNG contará cun apartado de participación na súa páxina web para que a xente poida trasladarlles carencias de infraestruturas e servizos públicos no lugar onde viven, traballan ou por onde transitan. Tamén, a xente, poderá contar de elementos patrimoniais que se atopen en perigo dun inminente deterioro ou de deficiencias urbanísticas. A intención dos nacionalistas é, segundo Penas, “que a xente nos faga chegar as súas aportacións e que teñan unha participación directa na política municipal a través do BNG”.

 

IMG_2260

O BNG de Lugo artellou un apartado de participación na súa páxina web http://bng.gal/lugocentro/ e nas redes sociais a través de https://www.facebook.com/BNGLugo ou na conta de twitter https://twitter.com/BNG_Lugo. Alexandre Penas sinalou que “pola contra do que sucede nalgunhas páxinas de participación do concello de Lugo, a xente non terá que rexistrarse nin facer operacións complexas para enviarnos as súas suxestións”.

Na asemblea tamén se abordou a reorganización do Grupo Municipal tras a incorporación de Cristina Ferreiro como concelleira. O responsábel local informou das áreas que ocuparán as axendas de cada unha das concelleiras nacionalistas e deu conta do plan de traballo que ocupará ao BNG no concello de Lugo nos vindeiros meses.

O BNG IMPULSARÁ UNHA CAMPAÑA DE PARTICIPACIÓN A TRAVÉS DE VISITAS AOS BARRIOS E DAS REDES SOCIAIS