O BNG NON AVALA A RETIRADA DA PAGA EXTRA DOS FUNCIONARIOS MUNICIPAIS

O BNG NON AVALA A RETIRADA DA PAGA EXTRA DOS FUNCIONARIOS MUNICIPAIS

O BNG foi o único grupo que non votou a favor desta medida imposta dende o goberno central

LUGO, 20 de decembro de 2012. O voceiro do BNG no concello de Lugo, Antón Bao, manifestou hoxe que o BNG foi o único grupo político no concello de Lugo que non votou a favor da inmobilización do crédito derivado da supresión das pagas extras na comisión especial de contas celebrada hoxe. A partida económica destinada á paga extra quedará inmobilizada para que no futuro estes recursos económicos se destinen a un plan de pensións para os traballadores públicos.

Bao explicou que a partida inmobilizada supón 1 millón trescentos mil euros e que “no BNG non entramos a valorar se está ben ou mal que os cartos dos traballadores públicos se inmobilicen para que no futuro poida ir a un fondo de pensións pero seguimos en contra da medida que no seu momento se tomou de suprimir a paga extra”. En referencia á retirada da paga extra Bao dixo que “independentemente de como se faga, estas medidas están contribuíndo a afogar a economía dos concellos”. O voceiro nacionalista criticou tamén o anuncio feito sobre a redución do 7% do salario aos funcionarios da Xunta. Bao dixo que esta baixada “equivale a suprimirlles, outra vez, a paga extra”.

O BNG NON AVALA A RETIRADA DA PAGA EXTRA DOS FUNCIONARIOS MUNICIPAIS