O BNG PIDE A PROTECCIÓN DO ÚNICA TRAPELA DE VIXILANCIA QUE QUEDA NOS SOPORTAIS DA PRAZA DO CAMPO
A demanda de protexer este elemento arquitectónico e patrimonial chegounos a través de persoas preocupadas por esta cidade e que son conscentes que so o BNG ten a sensibilidade necesaria a este respecto dixo Paz Abraira
A presenza destas trapelas de vixiancia era habitual na maioría das casas que tiñan o seu acceso a través de soportais en diferentes lugares da cidade
Lugo, 6 de novembro 2014. O BNG presentou no concello de Lugo unha iniciativa para pedir a protección da trapela de vixilancia existente no número 1 da praza do Campo. Paz Abraira sinalou que a demanda de protexer este elemento arquitectónico e patrimonial chegounos a través de persoas preocupadas por esta cidade e que son conscentes que unicamente o BNG ten a sensibilidade necesaria a este respecto. A presenza destas trapelas de vixilancia era habitual na maioría das casas que tiñan o seu acceso a través de soportais en diferentes lugares da cidade.
Os nacionalistas solicitaron que o concello realice os trámites e contactos precisos para establecer un mecanismo de protección e/ou catalogación deste singular e case único elemento patrimonial. Paz Abraira sinalou que coas obras de rehabilitación feitas na maioría dos edificios estas trapelas foron desaparecendo. Abraira lembrou que o concello de Lugo, e concretamente o casco histórico, conta con diferentes normativas para a protección de elementos patrimoniais por eso entendemos que a catalogación e protección desta trapela de vixilancia é factible.
Na actualidade consérvase somentes unha destas trapelas de vixilancia no seu estado orixinal e esta situada sobre a entrada do número 1 da Praza do Campo. Estas trapelas eran características propias e singulares das edificacións con soportais. Trátase dun pequeno portelo inserido no plano horizontal do primeiro andar, sobre os soportais, que permitía a visión da porta de acceso ao edificio.