O BNG PÓN A A PONTENOVA COMO EXEMPLO DAS CONSECUENCIAS DA REFORMA LABORAL DO PARTIDO POPULAR

O BNG PÓN A A PONTENOVA COMO EXEMPLO DAS CONSECUENCIAS DA REFORMA LABORAL DO PARTIDO POPULAR

Xavier Campos critica aos populares por aprobar unha reforma laboral que protexe aos empresarios e abandona aos traballadores

 Dende a chegada de Feijóo á Xunta de Galiza o paro incrementouse na Pontenova un 38%

 O BNG preséntase como alternativa á ineficacia do  Partido Popular para crear postos de traballo e comprométese a incentivar a contratación e os novos xacementos de emprego

 A Pontenova, 9 de outubro de 2012. O candidato número 5 do Bloque Nacionalista Galego ao Parlamento de Galiza nos comicios do vindeiro 21-O, Xavier Campos, asegurou, durante un mitin na Pontenova, “que na comarca da Mariña pódense observar todas as consecuencias da reforma laboral aprobada polo Goberno do Estado cun importante aumento do número de parados e o incremento dos expedientes de regulación de emprego presentados”.

 “Hai só uns días coñeActo Público na Pontenovacíamos que unha das empresas máis importantes da Pontenova, Investigación e Proxectos de Vehículos Especiais – IPV, presentou un Ere temporal de seis meses para os 27 empregados da factoría. En pouco tempo esta empresa pasou de ter preto de 100 empregados a non chegar a 30 e cun futuro incerto no que pode ser liquidada ou mercada por outro grupo empresarial’” –explicou o candidato nacionalista.

“Grazas á reforma laboral do Partido Popular – insistiu Campos- é máis sinxelo ca nunca presentar expedientes de regulación de emprego e despedir aos traballadores. É unha reforma pensada para o beneficio dos empresarios que pagan máis barato o despido e que por calquer motivo poden presentar un Ere. Unha vez máis queda demostrado que as políticas dos populares benefician aos empresarios e non aos traballadores”.

 Para o candidato nacionalista “tanto no Goberno de Rajoy como no Goberno de Feijóo, non se aprobou unha soa medida para crear emprego. Pero tampouco se pode esperar o contrario con conselleiras de Traballo como Beatriz Mato que declaran que as políticas activas de emprego non crean nin un só posto de traballo. O bo é que con estas declaracións temos unha proba máis de que o Partido Popular non ten nin idea de como fomentar o emprego e por iso na Pontenova, dende a chegada de Feijóo á Xunta, o paro incrementouse un 38%”.

 Dende o BNG  entenden que ‘o 21-O os galegos e galegas deben elixir entre votar a uns dirixentes  que perderon catro anos e que levaron a centos de mozos e mozas a emigrar para poder traballar, ou votar a un partido como o BNG que aposta polo deseño dunha  estratexia global de fomento do emprego con estímulos á contratación e ao desenvolvemento de novos xacementos de emprego, así como por impulsar un marco galego de relacións laborais, a negociación colectiva e os servizos públicos de emprego”.

O BNG PÓN A A PONTENOVA COMO EXEMPLO DAS CONSECUENCIAS DA REFORMA LABORAL DO PARTIDO POPULAR