O BNG PRESENTOU EN LUGO A CAMPAÑA “QUE NON CHE COMAN O COCO...”

O BNG PRESENTOU EN LUGO A CAMPAÑA “QUE NON CHE COMAN O COCO...”

 

IMG_7154Rubén Arroxo sinalou que “Galiza recibe menos do que aporta ao Estado, como demostra a última balanza fiscal cunha recadación de 7.213 millóns de euros fronte a un investimento de 5.891millóns”

Trátase dunha campaña para reivindicar unha Galiza en positivo fronte á imaxe interesada da Galiza subsidiada e dependente do estado español

Lugo, 26 de xaneiro de 2015. O BNG presentou hoxe en Lugo a campaña Que non che coman o coco…, temos un país de primeira. Baixo este lema o

IMG_7149s nacionalistas lanzan unha campaña para reivindicar unha Galiza en positivo fronte á imaxe interesada da Galiza subsidiada e dependente de “papa Estado” que difunde o PP e “todos os que compran o discurso centralista de Madrid” afirmou Rubén Arroxo.

Rubén Arroxo dixo que “Temos un país de primeira e precisamos máis soberanía para poñelo a producir”. O BNG pretende, con esta campaña, trasladar información sobre a necesidade de ter un maior autogoberno para poder traballar e vivir en Galiza, sacando partido a todas as posibilidades económicas que hai na nosa terra. Rubén Arroxo engadiu que “Xa comenzamos a elaborar o programa para poñer o país a producir, non pode ser que a xente nova teña que seguir marchando”.

“Que non nos conten milongas e sintamos o orgullo de ter un país de primeira”, proclamou Rubén Arroxo quen reivindicou a “marca Galiza” fronte a marca España, Apelar á autoestima de ser galegos e galegas cun país capaz de gobernar o seu futuro e desmontar o “falso discurso” dunha Galiza subvencionada, pobre, que non pode valerse sen a muleta do Estado. A campaña do BNG desmente con datos concretos a recorrente falacia da solidariedade estatal.

Galiza recibe menos do que aporta ao Estado vía impostos, como demostra a última balanza fiscal que mostra unha recadación de 7.213 millóns de euros fronte a un investimento de 5.891millóns de euros. Igualmente, o país recibe tres veces menos fondos europeos que Madrid, pese a que son para a cohesión territorial e a renda e as pensións galegas están á cola do Estado.

En materia enerxética Madrid “é un burato negro” que absorbe a produción de electricidade, sen que as industrias ubicadas en Galiza se beneficien dunha tarifa eléctrica propia dun país produtor e exportador de enerxía. Mentres, as autoestradas galegas, dependentes do Goberno central, encabezan a lista das máis caras, e viaxar de Ferrol a Tui case duplica o custe de viaxar a Madrid.

O espolio dos recursos tamén inclúe ao aforro galego coa peor evolución da relación créditos concedidos a familias e empresas con respecto aos depósitos nas entidades financeiras. E o abandono do goberno central cando se trata de defender os intereses dos principais sectores produtivos, -agro, pesca e naval-.

O BNG PRESENTOU EN LUGO A CAMPAÑA “QUE NON CHE COMAN O COCO...”