O BNG PROTAGONIZA UN PECHE NA SEDE DA XUNTA EN LUGO

O BNG PROTAGONIZA UN PECHE NA SEDE DA XUNTA EN LUGO

Esta acción foi simultánea en todas as cidades e vilas do páis baixo o lema Non é unha crise é un roubo

Lugo, a 7 de xuño de 2013. O Bloque Nacionalista Galego programou para hoxe unha acción "de denuncia" consistente en materializar peches en diferentes organismos e institucións nas diferentes cidades e vilas do país. No caso de Lugo os nacionalistas pecháronse no edificio da Xunta de Galiza, durante máis de unha hora, e realizaron esta acción de protesta baixo o lema "Non é unha crise é un roubo" . O BNG denuncia "o roubo" e sinalan ao goberno galego como cómplice do que é “un roubo ao pobo”. Nesta acción participaron militantes, cargos orgánicos e institucionais do BNG de Lugo e da comarca como o parlamentario Cosme Pombo e os concelleiros en Lugo Antón Bao e Paz Abraira.

O BNG presenta como alternativa ás políticas neoliberais, que o PP está a aplicar baixo as ordes da Troika, a "soberanía". Con esta acción os nacionalistas queren solidarizárense coas persoas que sofren estes abusos e presentar as súas alternativas: unha reforma fiscal integral para que as rendas máis altas paguen máis, a creación dun instituto galego do crédito a partir da reconversión do Igape --Instituto galego de promoción económica-- e a aposta na banca pública galega.

Esther López, responsábel comarcal do BNG de Lugo denunciou "o roubo que as entidades bancarias emprenderon contra a clase traballadora do País con agresións como a estafa das preferentes ou os desafiuzamentos”. O BNG de Lugo decidiu realizar esta acción na sede da Xunta para protestar contras as políticas que o PP está aplicar dende o goberno galego en matería de emprego, servizos sociais, economía, medio rural, medio mariño, etc...

O BNG PROTAGONIZA UN PECHE NA SEDE DA XUNTA EN LUGO