O GOBERNO MUNICIPAL IGNORA AOS LUCENSES Á HORA DE ELIXIR O CARTEL DO SAN FROILÁN 2013
Antón Bao mostrou a súa contrariedade polos pasos atrás para a consecución dunhas festas populares e participativas
Lugo, a 8 de xuño de 2013. Antón Bao, portavoz municipal do BNG no Concello de Lugo, manifestou a súa contrariedade polo proceso de selección do cartel anunciador das festas de San Froilán do ano 2013. O edil nacionalista considerou un paso atrás no impulso dunhas festas patronais populares e participativas, dado o pouca publicidade do mesmo proceso de elección do cartel e polo método elixido, que non contou coa participación dos lucenses.
O edil nacionalista manifestou agardo que este proceso non sexa unha indicación de que este ano as festas da nosa cidade se fagan de costas aos lucenses, e do caracter popular das mesmas, que é unha das súas mellores bazas.
O proceso de elección do cartel anunciador do San Froilán no ano 2012, cando o BNG dirixía a Concellería responsable da organización, consistiu nun proceso participativo onde o xurado de expertos elexiu a catro propostas, das mais de 130 participantes e a cidadanía votou, on-line, o cartel gañador. O obxectivo era fomentar a implicación dos lucenses na organización das festas patronais.
O cartel gañador do ano 2013 elexiuse entre 65 propostas, a metade que o ano anterior, e estivo dotado cun premio de 2.000